Novas por contido

A Administración, a instancia da Consellaría de Traballo e Benestar, vén de proporlles ás centrais sindicais asinantes do Convenio a modificación do mesmo substituíndo o descanso adicional derivado do traballo en domingos e festivos contemplado no artigo 19.5 do Convenio pola remuneración deses días de descanso.

A consecuencia máis notable disto sería a redución de emprego público, a volta para casa dos/as compañeiros/as que cobren estes días de descanso e a maiores se estaría a xogar coa saúde do persoal.

A CIG, como central asinante do V Convenio, apostou porque este defendese o descanso dos/as traballadores/as fronte a remuneración do traballo en domingos e festivos.

E consecuentemente con isto a CIG non pode aceptar esta proposta que só vai destinada á destruír emprego público e aforrar os cartos que supón de cara á creación da Axencia Galega de Servizos Sociais.

Suporía ademais unha degradación das condicións laborais ao se intensificar o traballo nos centros de Benestar, xa que a eles vai destinada a reforma, e non incrementarse a plantilla.

E como corolario, a CIG non pode aceptar ningunha chantaxe e está disposta a asumir as consecuencias desta negativa a satisfacer os plans dunha Administración que ten a cabeza posta na creación dunha Axencia cunhas condicións laborais devaluadas.

Nota remitida aos medios

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...
Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...