Novas por contido

O 19/10/2011, a Dirección Xeral da Función Pública achegoulles ás organizacións sindicais unha proposta de decreto de modificación do regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia aprobado polo decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Con anterioridade, entre abril e decembro de 2010,  Función Pública mantivo varias reunións coas OOSS para tratar a reforma das instrucións de funcionamento dos tribunais de selección. Desde a CIG, demandábamos a consecución dun acordo que atinxa non só as cuestións técnicas e loxísticas recollidas no articulado das instrucións de funcionamento, senón tamén o modelo de elaboración de exames (sorteo de preguntas), reforzamento do funcionamento colexiado dos tribunais (eliminación do actual sistema presidencialista), e sistema de nomeamento dos membros (presenza sindical / sorteo). Por último e moi especialmente, desde a CIG condiciónabamos o apoio a unha hipotética reforma da normativa sobre tribunais á consecución dun acordo para garantir a participación das organizacións sindicais.

Dado que desde a Administración se nos deixaba claro que non se aceptarían en ningún caso nin o nomeamento de vogais por proposta das OOSS, nin a exclusión das persoas que ocupen postos en LD, propuxémoslles como alternativa que a presenza sindical se acadase ampliando as competencias da comisión técnica de procesos selectivos, dándolle a capacidade de fiscalizar as propostas de nomeamentos de membros de tribunais, combinándoo coa elección por sorteo dos vogais.

Na proposta achegada pola Administración, como principal novidade introdúcese que un vogal sexa elixido por sorteo; desde a CIG consideramos que se trata dun cambio insuficiente que mantén a designación maoritariamente política dos tribunais, dado que os outros catro membros dos tribunais seguirán sendo nomeados pola conselleira de Facenda e o director da EGAP, tendo en conta ademais que non se recolle ningunha vía de seguimento e control efectivo por parte dos representantes dos empregados públicos.


Descargar as alegacións xenéricas da CIG sobre os tribunais de selección

Descargar a proposta de decreto presentado pola Administración [alegacións da CIG en vermello]

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.