Novas por contido

Na última Comisión de Persoal, a pesar de ser de novo extraordinaria, a CIG formulou unha batería de preguntas sobre temas de interese xeral (concursos, promoción interna, decreto de permisos...). De novo, poucas respostas ou nalgún caso "pendente de Madrid".

Nesa mesma Comisión de Persoal aprobouse a escandalosa modificación da RPT de Educación cos votos en contra de todas as centrais sindicais. Tamén se aprobou unha modificación de erros da RPT de Traballo e máis a modificación da RPT das Escolas infantís.

Corrección de erros da RPT de Traballo

Aínda que non procede tratalo pois non vai na orde do día, deixamos constancia da disparidade de criterios con respecto á forma de provisión dos postos de traballo de responsábeis das áreas residencial e asistenciais do CAPD da Coruña (LD) e Sarria e Chapela (concurso).

O noso voto é a favor.

RPT de Escolas infantís

Destacamos que os postos de TEXIS nas E.I. de Sta. Mª de Orza e do Sagrado Corazón deben ser de xornada completa. Non estamos a favor da supresión dos postos de subalterno nas E.I. De Marín e de Celeiro.

O noso voto é en contra.

RPT de Educación

  • Criticamos a negociación, que a converteron nun mero trámite.

  • Mantemos a nosa oposición á amortización de 12 postos para financiar a creación de 6 xefaturas de servizo. Con esta medida reducen a dotación de persoal e cualidade nos centros de ensino público (e fóra de centros de ensino).

  • En contra de que os servizos sexan LD.

  • Fainos graza a creación dun servizo para a “formación, asesoramento e proxección exterior da língua” cun goberno que se está a cargar a lingua propia do país. De crealo, que sexa para “interior” en troques de “exterior”.

  • Transmitimos a queixa que nos chega dende política lingüística por non teren subalterno o que obriga ao persoal a repartir as tarefas. Preguntamos se tamén o xefe de servizo vai participar no reparto do traballo.

O noso voto é en contra.

Rolda de intervencións

Aínda que non vai na orde do día,  preguntamos polo seguinte:

  • Promoción interna: para cando? O director xeral de Función Pública contesta que até dentro dun mes non van saber cal vai ser o escenario económico e as medidas de axuste. Xa que logo, adían todo até entón; nese intre decidirán que facer. Esto inclue a posibilidade de suspensión definitiva. Se vai adiante, será un dos primeiros asuntos do ano novo. Afecta tamén á promoción interna de consolidación de grao en C1.

  • Concursos de traslados: preguntamos polos tres concursos (laborais, corpos xerais e corpos especiais). “Estamos en ello”. Para o de especiais seguen a dicir que “para cando estean listas as RPTs”.. Respostámoslle que en febreiro prometéranos unhas datas, e non hai maneira, que nalgún dos concursos so nos están deixando a saída da acción sindical.

  • Decreto de competencias dixitais: informan que ampliaron o prazo de solicitude até o venres 23 e que atá o luns podemos enviar peticións de preguntas (algo que a CIG xa fixo).

  • Decreto marco de integración do persoal dos entes: o mesmo día da comisión de persoal envian un novo texto do decreto, e a semana seguinte haberá unha xuntanza para tratalo.

  • Regulamento vacacións, permisos e licenzas: teñen rematado un texto e poderían enviar borrador a semana vindeira. Non vai o teletraballo nese documento.

  • Flexibilidade e teletraballo: seguindo co anterior, din que calculan que poderán encetar a negociación para setembro do 2012.


Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...
Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...