Máis que CIG-Autonómica
A primeira mobilización está convocada para o venres día 9, ás 11:00 horas, diante do SERGAS

As organizacións sindicais CIG, CCOO, CSI-F, UGT, FEP-USO, SAE, CGT, SATSE e STAJ, reuníronse esta mañá para analizar e debater sobre as novas actuacións a levar a cabo, en relación ás mobilizacións de contestación á Lei de Medidas para o Emprego Público imposta polo goberno da Xunta do PP.

Na xuntanza acordaron levar ás reunións das Mesas Sectoriais que se convoquen, a partir de agora, para explicar a Administración a aplicación desta Lei, unha postura única de esixencia de información e documentación sobre a aplicación das medidas e rexeitamento das mesmas. É dicir, trasladar ás Mesas Sectoriais a mesma posición de unidade sindical que se tivo nas reunións previas de Mesa Xeral.

Durante as semanas do 5 ao 9 de marzo e do 12 ao 16 de marzo, convocar mobilizacións de delegados e delagadas de arroupe desa postura diante dos edificios onde se realicen as distintas reunións de Mesas Sectoriais, mantendo a unidade de acción de protesta por estas medidas.

Nomeadamente, e en vista da convocatoria de Mesa Sectorial de Sanidade para o venres 9 de marzo ás 11 h, convócase concentración diante da sede do SERGAS nesa data e hora.

Xunto a isto, decidiron Intensificar o traballo de difusión e información nos distintos centros, explicando as aplicacións que se vaian anunciando e animando ao persoal a participar nas mobilizacións que se convoquen.

Asembleas o 22 de marzo

Tamén acordaron convocar, para o 22 de marzo, Asembleas e Concentracións nos grandes edificios administrativos, xulgados e hospitais de referencia das áreas sanitarias (os mesmos lugares que nas concentracións do día 6) ás 11:30 hs.

Outras novas recentes

Luns, 29 Novembro 2021

Reunión co DX de Ordenación e Planificación Forestal. 24/11/2021

O DXOPF da Consellería de Medio Rural ten que acceder a reunirse ca CIG despois da presión exercida polos representantes dos traballadores Despois de mais de 1 ano solicitando varias reunións co director xeral, onde poder tratar diversos temas que atinxen tanto o bon funcionamento da Administración, como que o administrado teña un trato mais próximo a Administración e...
Luns, 29 Novembro 2021

Borradores de procesos selectivos: A1-Informática e C1-Gardacostas

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos os borradores das convocatorias dos seguintes procesos selectivos: A1-Escala de sistemas e tecnoloxía da información. Son 16 prazas da OEP do 2021, de acceso libre mediante o sistema selectivo de oposición. Descargar. C1-Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galiza. Son 22 prazas das OEP 2018 (10) e 2021 (12), das que...