Máis que CIG-Autonómica

O forGA vén de lanzar a nova Oferta Formativa Subvencionada (Intersectorial) de cursos da convocatoria 2012-2013.

Cursos2012 Os cursos da plano Intersectorial están dirixidos preferentemente a traballadores e traballadoras en activo de todos os sectores produtivos, aínda que tamen existe un cupo de prazas que poden ser destinadas a traballadores e traballadoras en situación de desemprego. Do mesmo xeito, cabe a posibilidade de que un reducido número de prazas poidan ser dirixidas a traballadores e traballadoras da Área Pública.

A Consellería de Traballo e Benestar, como entidade subvencionadora, xunto co Goberno do Estado, nun ano tan difícil para o emprego como o 2012, reduciron os orzamentos destinados á formación nunha porcentaxe aproximada do 75% a respeito da dotación de 2011.

Esta circunstancia fai que as entidades impartidoras de formación, entre elas a propia forGA, non poidan impartir nesta convocatoria grande parte das accións formativas que se viñan realizando en anos precedentes, reflectíndose claramente na Previsión de datas e lugares de execución dos cursos que a forGA se viu obrigada a programar para a presente convocatoria 2012-2013.

A forGA aposta firmemente pola Formación para o Emprego e, a través da súa Oferta Xenérica, recolle os intereses formativos dos usuarios e usuarias da plataforma www.forga.org, e axusta a planificación de cada convocatoria ás súas necesidades formativas dentro dos parámetros orzamentarios concedidos pola entidade subvencionadora.

Por todo isto, animámoste a que consultes a Previsión de datas e lugares de impartición dos cursos subvencionados (plano Intersectorial) e te preinscribas naqueles cursos que che resulten de interese, tanto para solicitalos nesta convocatoria (no caso de que estean programados), como para facer constar o teu interese en que sexan incluídos en próximas convocatorias.


Outras novas recentes

Luns, 29 Novembro 2021

Borradores de procesos selectivos: A1-Informática e C1-Gardacostas

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos os borradores das convocatorias dos seguintes procesos selectivos: A1-Escala de sistemas e tecnoloxía da información. Son 16 prazas da OEP do 2021, de acceso libre mediante o sistema selectivo de oposición. Descargar. C1-Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galiza. Son 22 prazas das OEP 2018 (10) e 2021 (12), das que...
Luns, 29 Novembro 2021

Reunión co DX de Ordenación e Planificación Forestal. 24/11/2021

O DXOPF da Consellería de Medio Rural ten que acceder a reunirse ca CIG despois da presión exercida polos representantes dos traballadores Despois de mais de 1 ano solicitando varias reunións co director xeral, onde poder tratar diversos temas que atinxen tanto o bon funcionamento da Administración, como que o administrado teña un trato mais próximo a Administración e...