Máis que CIG-Autonómica
O Goberno español do PP aproveitou o último Consello de Ministros do ano 2011, celebrado o pasado 28 de decembro, para aprobar o desenvolvemento da reforma das pensións tramitada polo PSOE que eleva a idade de xubilación até os 67 anos. A nova normativa establece un período de transición no que se incrementará de xeito progresivo até 2027 e fixa o cómputo para o acceso ao cobro da prestación en 25 anos.


Taboa_Pensions. O Executivo de Rajoy pechou o ano coa aprobación do texto que desenvolve a lei 27/2011 de reforma do sistema público de pensións, tramitada no último mandato de Zapatero co apoio dos sindicatos CCOO e UGT e que entrou en vigor o pasado 1 de xaneiro.

A normativa establece un atraso progresivo da idade de xubilación até os 67 anos en 2027 e fixa o xeito en que se fará a transición [consultar táboa]. Para poder xubilarse os 65 anos  hai que ter cotizado á Seguridade Social durante 38 anos e seis meses, o que suporía traballar dende os 26 anos de maneira ininterrompida.

Outro dos cambios que introducidos ten que ver co cómputo para o acceso ao cobro da pensión. Até o de agora o cálculo facíase sobre os últimos 15 anos cotizados, pero tras a aprobación da normativa o cobro da prestación determinarase en función dos últimos 25 anos. Isto suporá no futuro unha baixada masiva da contía da pensións.

Xubilación voluntaria anticipada en suspenso

Unha das novidades foi o establecemento da suspensión durante tres meses (até marzo de 2013) da figura da xubilacion voluntaria anticipada, que foi creada na ultima reforma das pensións por Zapatero e estaba previsto que entrase en vigor o 1 de xaneiro de 2013.

O goberno central anunciou que a suspension será por tres meses para chegar a un acordo nese prazo no marco do pacto de Toledo para revisar esa figura, polo que agora mesmo existe incertidume sobre a futura continuidade desta nos termos actuais.

Outras novas recentes

Xoves, 25 Novembro 2021

Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Emprego e Igualdade (24/11/2021)

O 24 de novembro de 2021 constituíuse o Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería de Emprego e Igualdade. Cada modificación de consellería leva a interrupcións na actividade preventiva que dende a CIG imos tratar de que sexan as mínimas posibles e que bote a andar con axilidade. Este CSSL ten na súa presidencia a Laura Cardesín, xefa de servizo de Réxime Xurídico...
Mércores, 24 Novembro 2021

25 de novembro: concentracións no Día Internacional Contra a Violencia contra as Mulleres

A CIG desenvolverá este ano, arredor do 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia contra as Mulleres, unha campaña centrada na violencia exercida no traballo contra as mulleres baixo o lema “É acoso, é violencia machista no traballo”. Convocatorias 25-N A Secretaría das Mulleres da CIG ten previstas asembleas de delegadas e delegados da CIG para abordar esta...
Luns, 29 Novembro 2021

Borradores de procesos selectivos: A1-Informática e C1-Gardacostas

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos os borradores das convocatorias dos seguintes procesos selectivos: A1-Escala de sistemas e tecnoloxía da información. Son 16 prazas da OEP do 2021, de acceso libre mediante o sistema selectivo de oposición. Descargar. C1-Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galiza. Son 22 prazas das OEP 2018 (10) e 2021 (12), das que...