Máis que CIG-Autonómica

Desenvolveranse ás 19:00 horas nas sete cidades galegas en rexeitamento aos orzamentos da Xunta para 2013

A Plataforma Galega en defensa dos Servizos Públicos ten convocadas mobilizacións para o xoves, día 21 de febreiro, ás 19:00* horas nas sete cidades galegas para manifestar o seu rexeitamento a uns orzamentos que poñen en perigo os servizos públicos, promoven a supresión e despedimento de persoal e deterioran as súas condicións laborais e económicas.

Lugares das mobilizacións

 

- A Coruña: na Praza de Pontevedra, diante do Edificio de Facenda da Xunta.

- Ferrol: diante do Edificio Administrativo Xunta.

- Santiago de Compostela: Praza do Toural.

- Vigo: Porta do Sol (enfronte do Sireno).

- Ourense: diante da Casa do Chocolate, na Avda. da Habana.

- Lugo: diante do Edificio Multiusos da Xunta

- Pontevedra: Subdelegación do Goberno (*ás 20:00h)

A Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos denuncia que os orzamentos propostos polo goberno de Feijoo “estrangulan” os servizos públicos deteriorando até o extremo a atención aos usuarios e usuarias dos mesmos e precarizan as condicións laborais das traballadoras e traballadores que desenvolven a súa actividade no sector. Ademais, favorecen a amortización de postos de traballo, pola vía da non reposición de efectivos, e abren a vía para realizar despedimentos.

A Área Pública da CIG, que forma parte da plataforma, alerta de que tras dos recortes orzamentarios agóchase a pretensión do Partido Popular de favorecer a privatización dos servizos públicos. Por iso fai un chamamento ás empregadas e empregados públicos e a sociedade no seu conxunto a participar nestas mobilizacións en defensa dos servizos públicos e dos dereitos laborais e sociais das súas traballadoras e traballadores

Así mesmo, coincidindo coa data de votación dos Orzamentos da Xunta para 2013, a Plataforma ten convocada unha concentración o vindeiro martes 26 de febreiro, dende ás 12:00 horas, ás portas do Pazo do Hórreo.

Outras novas recentes

Luns, 29 Novembro 2021

Borradores de procesos selectivos: A1-Informática e C1-Gardacostas

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos os borradores das convocatorias dos seguintes procesos selectivos: A1-Escala de sistemas e tecnoloxía da información. Son 16 prazas da OEP do 2021, de acceso libre mediante o sistema selectivo de oposición. Descargar. C1-Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galiza. Son 22 prazas das OEP 2018 (10) e 2021 (12), das que...
Luns, 29 Novembro 2021

Reunión co DX de Ordenación e Planificación Forestal. 24/11/2021

O DXOPF da Consellería de Medio Rural ten que acceder a reunirse ca CIG despois da presión exercida polos representantes dos traballadores Despois de mais de 1 ano solicitando varias reunións co director xeral, onde poder tratar diversos temas que atinxen tanto o bon funcionamento da Administración, como que o administrado teña un trato mais próximo a Administración e...