Máis que CIG-Autonómica

A clase traballadora galega saíu unha vez máis á rúa o 1º de Maio para participar nas distintas mobilizacións organizadas por todo o país nunha xornada na que imperou o ambiente reivindicativo.

A CIG convocou un total de once manifestacións baixo o lema “Partido Popular-Unión Europea: menos dereitos, máis pobreza”, sendo a máis numerosa a celebrada en Vigo, onde se deron cita máis de 30.000 persoas, aínda que tamén houbo mobilizacións cunha participación moi alta na Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vilagarcía, A Estrada, Ribeira e A Mariña.

Ao remate da marcha na cidade olívica, o secretario xeral da central nacionalista reiterou a petición de dimisión dos Gobernos galego e español do PP por “incompetentes, corruptos e inmorais” e apostou pola necesidade de seguir a acumular forzas de cara a unha folga xeral “para reclamar un novo modelo económico e social ao servizo da clase traballadora”.

Manifestación en Lugo: