Máis que CIG-Autonómica

Polo seu interese, en canto a que pode server de exemplo para a Administración Xeral da Xunta de Galiza, difundimos unha nota de prensa da plataforma SOS-Sanidade Pública, referente á diversas privatización no SERGAS, como os procesos selectivos, xestión orzamentaria, ..

Núñez Feijoo, presidente da Xunta de Galicia non espera ao 23 de maio para avanzar na privatización da sanidade pública galega, a pesares das súas mensaxes de non privatizala. O SERGAS a través dun prego de cláusulas ao que tivo acceso a Plataforma da Defensa da Sanidade Pública, abre a porta á contratación privada da xestión económica e á xestión dos procesos de oposicións do seu persoal.

A cambio de 557.000 euros (case 100 millóns de pesetas) , nun momento de crise, adxudica a unha empresa privada este contrato, que contempla unha actividade que pon en perigo os postos de traballo de moitos empregados públicos e entrega á mesma unha información estratéxica acerca dos seus obxectivos, dotacións económicas, dispoñibilidades orzamentarias e políticas de racionalización do gasto.

Finalmente entrega unha información tan vulnerable e unha competencia tan central para os seus obxectivos como é a xestión dos procesos de oposicións (inscrición, oposición e provisión das prazas), en definitiva toda a selección do persoal.

Para esta Plataforma este novo e suculento contrato supón na práctica a "baltarización" da política de contratación do persoal da Sanidade Pública Galega. O prego ao que tivo acceso SOS Sanidade Pública contempla a entrega a unha empresa privada as seguintes competencias da administración pública:

1.- Xestión económica:

  • Sistema de tramitación orzamentaria.
  • Xestión de pagos en unidades administrativa (servizos centrais, direccións e delegacións provinciais).
  • Xestión de Subministracións e Unidades de Consumo


2.- Recursos humanos:

  • Aplicación para a xestión dos procesos de oposicións (inscrición, oposición e provisión)


A pesares da habitual dificultade para entender a linguaxe administrativa, o que antecede está moi claro: Trátase de liquidar unha importantísima parte da administración pública e facilitar a penetración do sector empresarial privado nunha das áreas máis sensibles da xestión administrativa do sistema sanitario público. Os cidadáns entenderán perfectamente que iso supón amputar a capacidade operativa do sistema e a súa sustentabilidade económica futura.

Ademais disto, en tempos de crise e de austeridade, incrementa en máis de medio millón de euros, nun novo exercicio de desconfianza nos seus propios empregados públicos, un gasto sen xustificación obxectiva algunha.

A carga de traballo que se subtrae ao público e que se transfire á empresa privada é o primeiro paso para poder despedir, sen provocar unha catástrofe administrativa, a un gran número de persoal altamente cualificado, seguindo as estratexias do Primeiro Ministro do Reino Unido que tanto admira o Sr Rajoy.

No que se refire á selección do persoal supón unha gravísima entrega de información confidencial dos miles de aspirantes ao emprego público do SERGAS de todas as Categorías, e a vulneración dos criterios de igualdade, mérito e capacidade que a Constitución e as Leis Galegas protexen.

Outras novas recentes

Mércores, 24 Novembro 2021

Mobilización en San Caetano contra a demora do concurso de traslados

Mobilizámonos contra a demora do concurso de traslados e a ineptitude da dirección xeral da Función Pública Arredor de 200 persoas, entre delegadas e persoal de servizos centrais, rodeamos este martes 23 de novembro, en manifestación, o edificio administrativo da Xunta de Galiza de San Caetano para esixir a dimisión do Director Xeral de Función Pública. É inadmisible a...
Luns, 29 Novembro 2021

Reunión co DX de Ordenación e Planificación Forestal. 24/11/2021

O DXOPF da Consellería de Medio Rural ten que acceder a reunirse ca CIG despois da presión exercida polos representantes dos traballadores Despois de mais de 1 ano solicitando varias reunións co director xeral, onde poder tratar diversos temas que atinxen tanto o bon funcionamento da Administración, como que o administrado teña un trato mais próximo a Administración e...
Luns, 29 Novembro 2021

Borradores de procesos selectivos: A1-Informática e C1-Gardacostas

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos os borradores das convocatorias dos seguintes procesos selectivos: A1-Escala de sistemas e tecnoloxía da información. Son 16 prazas da OEP do 2021, de acceso libre mediante o sistema selectivo de oposición. Descargar. C1-Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galiza. Son 22 prazas das OEP 2018 (10) e 2021 (12), das que...