Inicio
Venres, 10 Xaneiro 2025

Por unha xornada máxima de 35 horas para todo o persoal, e 32 para xornadas especiais

A CIG ven de rexistrar os milleiros de sinaturas recollidas no 2024 entre o persoal da Administración Autonómica solicitando a implantación con carácter inmediata das 35 hora de xornada semanal para todo o mundo da Administración xeral e un horario máis reducido para o persoal con xornadas especiais.

Na Administración Galega hai xa varios sectores (Sergas e persoal dos centros de Política Social), onde a xornada de 35 horas é xa unha realidade. Mesmo temos diferentes administracións ...


Venres, 10 Xaneiro 2025

Sentenza firme contra a Xunta pola ilegal represión de Medio Rural ao seu persoal técnico durante a folga do 2020

Tal e como os servizos xirídicos da CIG denunciaron no seu momento, o atropelo manifesto realizado pola Consellería de Medio Rural que desencadeou a folga na vaga de incendios do 2020, e as represalias ilegais cometidas contra as nóminas do persoal técnico, ven agora de decaer en firmeza no xulgado posibilitando así que se lle devolva aos/ás traballadores/as o roubado.

Agora so falta, tal e como reclamaron os servizos xurídicos da CIG xa daquela, que as persoas responsábeis desta desfeita ...


Venres, 10 Xaneiro 2025

A CIG demanda un acordo das condicións de traballo para o persoal da Consellaría de Medio Ambiente e Cambio Climático e unha negociación “real” da RPT

A CIG solicita a negociación urxente dun acordo de condicións de traballo para o persoal da Consellaría de Medio Ambiente e Cambio Climático e a negociación da RPT para solucionar a discriminación entre o seu persoalAnte a funcionarización chapuza, a inminente estabilización, a creación de novas escalas con funcións imposibles e a falta dun horizonte claro para o persoal da Consellaría de Medio Ambiente e Cambio Climático (CMACC), a CIG ven de rexistrar unha solicitude para reactivar con ...


Martes, 07 Xaneiro 2025

Xubilación parcial, decepción total: CCOO e UGT ou ocultan o que pactan ou non pactan nada

CCOO e UGT levan dende marzo anunciando un “inminente acordo” sobre melloras na xubilación do persoal funcionario que ao final quedou nun bluf

Incluso recentemente mandaron un aviso a navegantes: “todos e todas pendentes que está ao caer un acordo sobre xubilación parcial”. E resulta que o tan cacarexado acordo non é máis que o enésimo anuncio de que acordaron que “se tramitarán” polo goberno unhas modificacións normativas para permitir a xubilación parcial SEN EXPLICAR EN QUE CONSISTEN .

...
Venres, 27 Decembro 2024

A CIG abandona a xuntanza do Consello Reitor da EGAP en sinal de protesta

A CIG abandona a xuntanza do Consello Reitor da EGAP que deu comezo o venres 26 de decembro pasadas as 13.00h en sinal de protesta por unha dirección desgaleguizadora e cunha xestión totalmente opaca, que ignora as necesidades reais de formación do persoal empregado público e que emprega a “dedocracia” na contratación do persoal formador, sen dar conta tan sequera das remuneracións económicas de cada un deles/as.

Esta central sindical nacionalista considera que a situación da EGAP é ...


Luns, 23 Decembro 2024

Asuntos propios na Área de escolas infantís do Consorcio: vai pedindo que xa chos vou denegando

A escasos días de comezar o período de Nadal, o Consorcio ordena ás direccións que deneguen os AP porque non se vai substituír ao persoal.

Ponse ás traballadoras nunha situación imposible de aturar, sen os días que precisan para a conciliación da vida familiar

1. Dende a área de escolas mándase a seguinte instrución ás direccións dos centros

Ao igual que en anos anteriores e por indicación da xerencia achego novamente a comunicación coas instrucións claras de cara a xestión e ...


Xoves, 19 Decembro 2024

De non vacante a vacante: onde están as miñas vacacións?

Aínda que a administración xeral da Xunta ten personalidade xurídica ÚNICA, hai consellerías que non o queren entender e van por libre.

Esta insubmisión dalgunhas consellerías crea problemas coas vacacións xeradas polo persoal temporal e interino das listas cando están cubrindo un posto “non vacante” e son chamados para cubrir un posto vacante e aceptan.

É certo que nalgunhas consellerías isto non é un problema. A mecánica deste asunto é que as consellerías de procedencia fan ...


Xoves, 19 Decembro 2024

A Xunta quere aprobar unha moi escasa Oferta de Emprego Público do 2024

Para seguir a tradición, a Administración achéganos na propia mesa (para que non dea tempo a reflexionar nin a alegar) catro follas cos anexos das prazas da OEP 2024. Limítanse a contarnos o que hai nas táboas. Polo tanto, ademais de que poidamos impugnar a propia OEP, estudaremos impugnar a falta de negociación.

E ante a falta de datos ou de tempo para poder estudalos ou analizalos, imos avanzar as nosas primeiras impresións sobre esta oferta de emprego.

De entrada esta OEP é minúscula. ...


Mércores, 18 Decembro 2024

A CIG reclama a recuperación de dereitos do persoal das administracións públicas

A lei de Orzamentos para 2025 perpetúa os recortes de 2012 e non avanza nengunha mellora, excepto para a escala de letrados, polo que dende a CIG solicitamos a extensión desa mellora para todo o persoal

A CIG concentrouse o martes 17/12/2024 diante do Parlamento de Galiza, coincidindo co debate dos Orzamentos da Xunta para 2025 para denunciar que con esta lei se perpetúan os recortes de 2012, e para reclamar a recuperación dos dereitos do persoal das administracións públicas.

Reclamamos ...


Mércores, 18 Decembro 2024

RPT do Consorcio: morrer matando

Durante anos sen convenio, sen trienios... e agora queren meter o acelerador para que apandemos con todo o que queiran impoñer

A directora xeral de Emprego Público e o xerente do organismo propoñen niveis e salarios máis baixos que na Xunta para o persoal do Consorcio de Igualdade e Benestar.

A nova RPT chega nos últimos días do ano 2024, non negociada, inzada de centos de erros e sen a debida documentación que posibilite a máis mínima negociación e a súa tramitación; e sen que sexa de ...


Mércores, 18 Decembro 2024

Consellarías de Educación e de Economía van adiante co traspaso forzoso e non negociado de persoal propio, laboral e funcionarial de GAIN

A última hora da xornada laboral do 16 de decembro, dende a dirección da Axencia Galega de Innovación (GAIN) remítesenos o texto oficial do 2º Acordo de traspaso: adscripción de postos con nivel orgánico inferior a sevizo e traspaso de créditos asignados aos servizos traspasado, entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Consellería de Economía e Industria, asinado polos Secretarios Xerais Técnicos de ambas Consellerías (Acordo Economía-Educación).

...

O caso é que varios dos afectados recorreron ao Tribunal Superior de Xustiza de Galiza a elaboración do exame; e así a Sala do Contencioso acaba de fallar a favor dos opositores (ver sentenza) e manda repetir o exame, dándolle nos fociños ao Tribunal de selección con lindezas como (extractos da Sentenza 00591/2016):

  • Discrepa da discrecionalidade total do Tribunal para emitir os seus acordos. Esta discrecionalidade só atinxe aos conceptos puramente técnicos, atando á lexislación adminsitrativa todo o relativo ao procedemento, valoración, fundamentación, criterios de corrección, etc… deixando claro aspectos como (literal): “Os criterios de valoración ou corrección non só teñen que ser fixados previamente polo tribunal, senon que teñen que ser postos en coñecemento dos opositores”.
  • Aínda así dentro do núcleo da valoración dun exame (xuízo técnico), esta deberá ser motivada, con especial referencia a: fontes de información, criterios e resultado individualizado por opositor.
  • Non só se deben publicitar os criterios de avaliación con anterioridade á realización do exame, senón que unha vez feito este, é necesario motivar a decisión (a tan famosa publicación do modelo de corrección); así di a sentenza literalmente: ”De todo o anteriormente argumentado despréndese que a moderna xurisprudencia esixe a expresión previa dos criterios de valoración de acordo aos cales o Tribunal axuizará aos aspirantes no proceso selectivo, debendo exteriorizar posteriormente as razón da dita decisión adoptada”.

Ante todo dicir que esta trapallada tamén ten como prexudicadas ás persoas que aprobaron a oposición pola inseguridade que lles crea, e que de ningún modo deben padecer ningún prexuízo.

Nos últimos tempos xa houbo problemas con sentenzas xudiciais noutros procesos selectivos (Turismo, Consolidación A1, .. ). Non oímos nin unha autocrítica da Dirección Xeral de Función Pública e xa nada dicir dunha investigación ou reprimenda aos presidentes dos tribunais infractores; e por suposto ningunha asunción de responsabilidades. O de mirar para outro lado é a tónica xeral na xestión das oposición pola Dirección Xeral da Función Pública.

Este caso sérvenos de exemplo para que dunha vez por todas, se asuman responsabilidades políticas e administrativas e por outro lado se nomeen tribunais cualificados, independentes e tecnicamente habilitados para que isto non volva pasar.

Esiximos ao igual que a sentenza: transparencia nas oposición da Xunta de Galiza e absoluto respecto aos principios de igualdade, capacidade e mérito.

Dende este sindicato seguimos a pelexalo!!!!