O venres 24 asistimos a unha xuntanza para tratar sobre as prazas obxecto do proceso de funcionarización do persoal laboral fixo da Xunta de Galiza.

Despois de resolver algúns postos (de laborais fixos) que non aparecían na relación que enviara Función Pública, dende a CIG achegamos as seguintes situacións que non se recollen no decreto e das que hai que adoptar decisións:

1. Persoal laboral fixo que nunca tomou pose do seu posto definitivo por ocupar un posto de carácter temporal (situación de incompatibilidade). Pretende o director xeral de Función Pública que este persoal solicite o reingreso provisional e participe deste este posto na funcionarización.

2. Persoal laboral fixo ao que lle amortizaron o posto e se atopa a dispor. Función Pública di que buscará un posto para a súa funcionarización.

3. Persoal laboral fixo en reingreso provisonal. Igual que os anteriores, din que lles buscarán posto.

4. Persoal laboral fixo integrado dos entes instrumentais (SODECO, fundación Galiza Emigración, xerentes fundacións comarcais, IET...). Estes postos non están nas Ofertas de Emprego Públicas de 2018 nin de 2019. Din que aparecerán posiblemente na OEP do 2020, e os que teñan posto provisional e superen o proceso selectivo tomarán pose en destino provisional.

5. Persoal laboral fixo que por concurso obtivo postos con complementos de dirección (coordinadores de menores, de dependencia, ..): Funcionaránse no posto da súa categoría dende a que concursaron e tomarán pose no posto de coordinación que ocupan.

6. Categorías que non aparecen nas OEPs do 2018 e 2019 (gobernantía, camareras/os limpadoras/es, mantemento, peóns..): serán ofertadas na OEP de 2020 (probablemente).