A EGAP está a impartir o actividade formativa FC20134 - Apoio á preparación do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no Corpo Auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

O primeiro exercicio do proceso selectivo consta de dúas partes: A primeira parte con preguntas relacionadas co anexo I do programa e unha segunda parte con preguntas nas que as persoas aspirantes poñan de manifesto o coñecemento e manexo dos paquetes ofimáticos na contorna de LibreOffice 5.4.4 (folla de cálculo, procesador de textos).

Na actividade formativa impartida pola EGAP non contempla a preparación da segunda parte do cuestionario.

A EGAP conta dentro do seu plan de formación para o ano 2020 de actividades e cursos de formación con módulos específicos de LibreOffice:
✔ OF20004 Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)
✔ FC20075 Uso avanzado de aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)
✔ OF20006 Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)
✔ FC20076 Uso avanzado de aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)

A plataforma de formación da EGAP permite exportar estes módulos e importalos de xeito rápido e fácil a calquera outra actividade. 

Desde a CIG solicitamos hoxe por escrito a EGAP que engadan os módulos de formación sobre LibreOffice a actividade FC20134  e se faga unha titorización destes contidos.