A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, elaborou unha guía para todo o persoal da Xunta que, tal e como xa informamos a semana pasada, entorpece e atrasa as baixas por risco de COVID 19 a persoas especialmente sensibles (ir á nova referida).

Que teñas unha serie de patoloxías ou sexas maior de 60 anos NON determina directamente ese recoñecemento de persoal especialmente sensible polo que o primeiro paso que segundo esa guía terías que dar é facer unha solicitude á persoa responsable da unidade (director/a ou xefatura) para que estude a túa vulnerabilidade ante o COVID19.

Podes empregar este modelo de solicitude:

  • Se traballas no ámbito sanitario ou sociosanitario: descargar.
  • Se traballas no ámbito non sanitario ou non sociosanitario: descargar.

A persoa responsable da unidade (director/a ou xefatura) realizará un informe sinalando o nivel de risco segundo o establecido no Anexo IV desa guía e daralle traslado ao SPRL (Servizo de Prevención de Riscos Laborais) para que o servizo médico poida determinar se o teu posto pode adaptarse ou pola contra deberán apartarte do servizo.

O médico ou médica especialista en medicina do traballo, avaliará a solicitude recibida, e solicitará ao/á traballador/a a documentación acreditativa da súa situación que resulte procedente.

Lembra que é moi importante que non lle facilites os teus datos médicos a ninguén máis que ao servizo médico do SPRL.