Novas por contido

A Consellería de Presidencia, Administracions Públicas e Xustiza, elaborou unha guía, para todo o persoal da Xunta, que complica extraordinariamente o procedemento de protección do persoal especialmente sensible á exposición ao coronavirus.

Así cambia a túa situación: que presentes algunha das patoloxías indicadas ou teñas máis de 60 anos NON determina directamente o recoñecemento de “especialmente sensible”. Terás que ir a traballar estando exposto ao risco ata que se resolva a túa solicitude.

O procedemento que impón a Xunta é o seguinte:

  1. Solicitude do traballador/a á persoa responsable da unidade (director/a ou xefatura).
  2. A responsable da unidade adapta o posto para minimizar o risco (se é posible).
  3. Se non é posible a adaptación dará traslado do expediente á Secretaría Xeral Técnica (SXT) de cada Consellería.
  4. A SXT remitirá o expediente ao Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Xunta, que a súa vez o remite a CUALTIS (servizo de prevención alleo) que emite informe.
  5. Temos tres posibles resultados do informe de CUALTIS:

a). Non concorre especial sensibilidade (implica continuar no traballo mantendo as medidas de protección xerais).

b). Especial sensibilidade con posibilidade de adaptación (medidas especificas de prevención a tomar pola persoa responsable da unidade).

c). Especial sensibilidade sen posible a adaptación: emitirá informe para baixa laboral polo médico de cabecera (código de traballador sensible COVID).

Para CIG é inadmisible este entorpecemento que dilata e pon en risco grave ao persoal xa que durante a tramitación hai que incorporarse ao posto. Na CIG reclamamos que se faga a solicitude directamente co servizo de prevención e que cautelarmente non se acuda ao traballo.

E logo, a empresa CUALTIS (servizo de prevención alleo) a quen pagamos todas e todos, non pode atender as peticións?

Na CIG preocupanos a posible petición de datos médicos de caracter persoal por parte das direccións para xustificar tanto este procedemento descrito como a adaptación do posto:

non deas os teus datos médicos

Segundo o Procedemento de actuación para os servizos de prevención de riscos laborais fronte a exposición ao SARS-CoV-2” do ministerio de Sanidade (8 abril):

Quen é persoal especialmente sensibél? persoas con diabetes, enfermidade cardiovascular, incluída hipertensión, enfermidade pulmonar crónica, inmunodeficiencia, cancro en fase de tratamento activo, embarazo e maiores de 60 anos.

Que condicións teñen que concorrer para que se me considere vulnerable? Os factores das persoas especialmente sensibles teñen que cruzarse co nivel de exposicion ao virus do posto de traballo como explican os anexos IV (sanitario e sociosanitario) e V (resto persoal Xunta).

Guía de actuación para a xestión da vulnerabilidade e o risco

 

Grupos vulnerables

Patoloxía controlada

Patoloxía descompensada

Comorbilidade ≥ 2 aspectos

Exposición laboral

NR1

NR2

NR3

NR4

NR1

NR2

NR3

NR4

NR1

NR2

NR3

NR4

Enfermidade cardiovascular/ Hipertensión

1

1

2

2

1

3

3

3

1

3

3

3

Diabetes

1

1

2

2

1

3

3

3

1

3

3

3

Enfermidade pulmonar crónica

1

1

2

2

1

3

3

3

1

3

3

3

Inmunodeficiencia

1

3

3

3

1

4

4

4

1

4

4

4

Cáncer en tratamento activo

1

4

4

4

1

4

4

4

1

4

4

4

Mayores de 60 años

Sen patoloxía

Patoloxía controlada

Patoloxía descompensada

1

1

2

2

1

3

3

3

1

4

4

4

Embarazo

Sen complicacións nin

comorbilidades

Con complicacións ou comorbilidades

 

1

3

3

3

1

4

4

4

 

 

 

No ámbito sanitario ou sociosanitario

Nivel de risco

No ámbito non sanitario ou non sociosanitario

Similar a risco comunitario. Tarefas en áreas non COVID, tanto asistenciais coma de soporte estratéxico.

NR1

Similar a risco comunitario, traballo sen contacto con persoas sintomáticas.

Entrada en zonas COVID tarefas con pacientes posíbeis, probables ou confirmados, mantendo a distancia de seguridade e sen actuación directa sobre paciente (reparto de comida, limpeza, traslado de pacientes, etc.)

NR2

Traballo con posibilidade de contacto con persoas sintomáticas, mantendo a distancia de seguridade e sen actuación directa sobre elas.

Entrada en zonas COVID con asistencia directa a pacientes ou intervención directa con casos posíbeis, probables ou confirmados, con EPI axeitado e sen manter a distancia de seguridade, incluida a movilización de pacientes e aseo.

NR3

Asistencia ou intervención directa sobre persoas sintomáticas, con EPI axeitado e sen manter a distancia de seguridade.

Profesionais, sanitarios ou non sanitarios, que deben realizar manobras xeradoras de aerosois (RCP, intubación, extubación, etc.)

NR4

Profesionais non sanitarios que deben realizar maniobras xeradoras de aerosois, coma por exemplo RCP

 

 

 

Non precisa nin adaptación nin cambio de posto, permanece na súa actividade laboral habitual.

1

Non precisa nin adaptación nin cambio de posto, permanece na súa actividade laboral habitual.

Continuar actividade laboral. Pode realizar tarefas con exposición a pacientes posibéis, probables ou confirmados por COVID 19, con EPIs axeitados. Non se pode realizar manobras xeradoras de aerosois.

2

Continuar actividade laboral. Pode realizar tarefas con exposición a persoas sintomáticas con EPIs axeitados.

Continuar actividade laboral en zona NON COVID.

3

Pode continuar actividade laboral sen contacto con persoas sintomáticas. Se imposible, tramitar PREL ou IT coma Traballador Especialmente Sensibél.

Precisa Cambio de Posto de Traballo e, de non ser posible, tramitar PREL ou IT coma Traballador Especialmente Sensibél.

4

Precisa Cambio de Posto de Traballo e, de non ser posible, tramitar PREL ou IT coma Traballador Especialmente Sensibél.

 

Outras novas recentes

Mércores, 14 Outubro 2026

Lei de medidas 2027: negociación real ou pura farsa?

A documentación do anteproxecto da Lei de Medidas para 2027 chega o martes 13 ao mediodía, reunímonos o mércores 14 e o xoves 15 xa vai á Comisión de Persoal. A pesares de pedir adiamento por este motivo négase a mudar de data! Que negociación é esta? Unha farsa! Sen tempo para estudar, consultar co persoal nin presentar alegacións. Convocan mesas para cubrir o expediente...
Martes, 13 Outubro 2026

A Xanela. Boletín de CIG-Autonómica. Setembro/2026

Neste boletín: - E despois de todo isto? Que vai pasar cando rematen os concursos e tomas de posesión - Medio Rural asina acordos aos cachos para o persoal do SPIF - Concurso específico (a libre designación encuberta con estabilidade de 5 anos) - Movementos tras o concurso ou destino definitivo - Persoal non docente: chegou o momento de negociar Descargar
Martes, 13 Outubro 2026

Fondo de Acción Social de 2025: listaxe definitiva de persoas admitidas

No DOG do 13/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se anuncia a exposición das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2025, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade....