Se xa informamos aquí do agravio cometido ao permitir que as persoas do A1 libre escolleran por diante dos do A2 promoción interna, cambiando ademais o criterio que nos anunciaron, agora volven a cometer outro agravio.

Resulta que despois de enviarnos hai máis de 20 días as prazas para elección de destino do corpo auxiliar do subgrupo C2, agora, sen notificarnos os cambios, publican no DOG un listado diferente incluíndo 60 postos de xefatura de negociado ou equivalente de nivel 18, tanto para o persoal que aprobou a promoción interna como para o persoal de libre.

O caso é que as persoas que aprobaron o C1 promoción interna non puideron escoller estes postos hai 2 meses cando tiveron o acto de elección de destino e incluso houbo 20 persoas que ante a falta de prazas na súa localidade e outros motivos decidiron pedir a excedencia.

É certo que eses 60 postos a maiores que ofertan os acaban de ofertar para os actos de elección de destino dos A1 e A2 tanto de libre como de promoción interna é que apenas van sobrar 11 postos. Pero aínda que só sexan 11 e se oferten en destino provisional ata o concurso, deberían ter sido ofrecidos primeiro aos do C1.

Con esta chapuza, aínda que sexa difícil, matematicamente podería haber persoas do C1 promoción interna en postos de nivel 14 e outras persoas do C2 libre en postos de nivel 18, algo que a todas luces parece inxusto.