Na actual campaña de vixilancia da saúde para este ano quedaron excluídas de ter o recoñecemento xinecolóxico na cidade de Pontevedra todas as traballadoras dependentes do servizo médico do Edificio Administrativo de Pontevedra.

Isto supón un aforro para Cualtis e un gasto en cartos e tempo para as traballadoras que terán que desprazarse ata Vigo ou Santiago. E o mesmo sucedeu para o persoal non docente de Educación.

Para a CIG isto é inaceptable e por iso presentamos un escrito diante do xefe de servizo de Prevención de Riscos Laborais solicitando información sobre o motivo polo que se eliminaba esta opción e esixindo a reposición de dito servizo. Ao mesmo tempo tamén o manifestamos na xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde do Edificio administrativo do día 26 de febreiro.

Ante a nosa insistencia, o servizo de Prevención nos comunica que están traballando para repoñelo. Estaremos pendentes de que nos dean unha pronta solución cunha única resposta: vaise repoñer.