A Dirección Xeral de Función Pública comunicou o xoves 13 de maio os lugares e as datas previstas para a realización dos exercicios dos procesos selectivos que se indican máis abaixo.

As sedes nas que se poderán realizar os exercicios son:

  • SILLEDA: Feira Internacional de Silleda, Recinto Feiral, s/n - 36540 Silleda
  • LUGO: Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, Av. dos Deportes, s/n, 27004 Lugo
  • VIGO: IFEVI. Avda. do Aeroporto, 772. 36318 Vigo

Unha semana antes da data prevista, as persoas aspirantes poderán comprobar o día, a sede, o pavillón de cada sede e a hora de chamamento, dende o web de Función Pública.

Esta previsión conta con autorización provisional de Saúde Pública, que deberá ser confirmada en función da evolución epidemiolóxica da pandemia.

Esta é a relación de exercicios previstos:

Proceso selectivo Data exercicio Nº exercicio Hora chamamento Lugar
C1 Administrativo (*) 12/06/2021 9:00 Silleda, Vigo, Lugo
III-2 e III-62 12/06/2021   9:00 Vigo
A1 Superior (libre) 12/06/2021 16:30 Silleda
I-004 Titulado/a superior 12/06/2021 16:30 Silleda
A2 Xestión (libre) 13/06/2021 9:00 Silleda
II-007 Titulado/a grao medio 13/06/2021 9:00 Silleda


(*) O comunicado de FP non especifica se C1 Administrativo é só libre como si indica en A1 e A2. Feita unha consulta a Función Pública a información inicial era que C1 Administrativo sería acceso libre e promoción interna. Pero os números non coincidían, polo que feita unha segudna consulta, din que vai ser unicamente acceso libre. 

E as datas da promoción interna e do resto dos procesos de libre?

Na Mesa Xeral do 12 de maio, a resposta que dende a CIG lle fixemos foi que "...están pendentes da autorización de Saúde Pública e cando a teñan poñerano en coñecemento dos sindicatos. Engade que esta comunicación podería ser en un, dous, tres días, que está practicamente feito."

En xuntanzas previas, a información que deu o director xeral de Función Pública era que antes de agosto serían os exames de corpos xerais de todos os grupos, tanto de libre como de promoción interna, ben os primeiros exercicios, ben os segundos cando xa se fixeran os primeiros. 

Neste comunicado do xoves 13 non din nada da data de libre de auxiliar administrativo e subalterno, nin de promoción interna de A1, A2, C1 e C2. Estará o DXFP agardando a que quede exactamente un mes para anunciar os seguintes exercicios?