Trala avaliación de riscos laborais dun centro de traballo da provincia de Pontevedra recoñecese a exposición a axentes canceríxenos do persoal que traballa na extinción de incendios

No Plan de Acción requiriuselle á Administración para que implante medidas correctoras no prazo de 3 meses

Esta avaliación deixou de manifesto as eivas en canto a riscos laborais dos centros de traballo do SPIF. Pero ademáis, o documento do Plan de Acción recolle que o persoal das brigadas forestais desenvolve un traballo que implica unha posible exposición a hidrocarburos aromáticos policíclicos (son produtos canceríxenos recoñecidos) presentes na borra, a través dos restos cos que queda impregnada a roupa despois das actuacións. Dende CIG insistimos en que este risco é inherente ao persoal que desenvolve labouras de extinción de incendios forestais e debía contar cunha medida correctora axeitada

Pois ben, en aplicación do RD 665/97, de 12 de maio, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos durante o traballo, establecéronse coma accións requiridas para realizar por parte da Administración no prazo de 3 meses as seguintes:

  • Deben existir lugares para o almacenamento separado de roupa de traballo ou de protección. O empresario será o responsable do lavado e descontaminación da roupa de traballo, e está estritamente prohibido ao persoal levar dita roupa para as súas casas con este propósito.

  • Extremar a hixiene persoal despois destas actuacións. Igualmente a hixiene destas instalacións

  • Adoptar medidas hixiénicas, en particular a limpeza regular de pisos, paredes e outras superficies

  • O persoal será debidamente informado e existirá unha vixilancia periódica do seu estado de saúde

  • Disporase de retretes, cuartos de aseo, duchas e vestiarios apropiados

  • Despois de cada actuación que implique a exposición mencionada, os/as traballadores/as disporán de como mínimo dez minutos para o seu aseo persoal dentro da xornada laboral

Por todo isto, vimos de solicitar que se cumpra o requirido, e tendo en conta a eiva xeral na cuestión da responsabilidade do lavado e descontaminación da roupa de traballo, que a Consellería do Medio Rural poña en marcha con celeridade as accións precisas para solucionala, para este centro de traballo e para tódolos centros de traballo e todo o persoal que participa na extinción de incendios