O luns 5 de decembro tivemos unha Comisión de Persoal e unha Mesa sectorial onde se trataron a orde de integración do Consorcio e os temarios para os procesos de estabilización da lei 20/21.

Orde de integración do Consorcio

Antes da emisión do voto a CIG deixou constancia de que continúa sen estar resolto o tema da titulación académica para a categoría III-50, razón pola que tiñamos que votar en contra, de xeito que a orde quedou aprobada co voto en contra da CIG e CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT.

No tema das titulacións o director xeral de Función Pública comentou que só lle constaba que están afectadas 3 persoas dun total de 200 e pico e que as titulacións requiridas serán as que obriga a normativa básica correspondente.

Temarios e convocatorias dos procesos selectivos da lei 20/21

  • Mandarán os temarios con aquelas alegacións dos sindicatos que foron aceptadas. Na semana que vén irán a CP.
  • O luns 12 de decembro mandarán tamén os borradores de convocatorias dos procesos selectivos da lei 20/21 para alegacións.
  • Enviáronlle aos entes instrumentais o modelo de convocatoria que teñen que seguir.
  • As prazas de cada convocatoria publicaranas na web de Función Pública.
  • Teñen intención de non publicar as prazas no DOG a cando as convocatorias polos posibles cambios que poida haber nelas.
  • Convocarán proximamente CP para aprobar as convocatorias antes do día 23 de decembro.
  • Fala do 16 de xaneiro como posible data de inicio do prazo para apuntarse aos procesos selectivos da lei 20/21.

Outra información

  • Enviarán tamén nos vindeiros días a OEP ordinaria de 2022.
  • As RPTs que se están negociando actualmente virán proximamente a CP.
  • A elección de destino provisional do I-4 e os nomeamentos do A2 e do C1 probablemente publicaranos no DOG do 12 de decembro. O C2 se é posible publicarase neste mes.
  • RPT funcionarización grupo V: aprobarase neste mes e iniciarase o proceso en febreiro ou marzo.