Función Pública enviounos a documentación para a modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) referente ao proceso de funcionarización dos postos de persoal laboral da Administración Autonómica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF), que será clasificado na:

  • Escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal xefe/a de brigada, do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, do grupo B
  • Escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidades bombeiro/a forestal-condutor/a motobomba, emisorista-vixilante fixo/a, bombeiro/a forestal, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, subgrupo C2
  • Corpo auxiliar de Administración Xeral, subgrupo C2

Os sindicatos temos prazo de alegacións ata o mércores 3 de maio, así que se é do teu interese, contacta coa CIG.