Dende Función Pública remitiron aos sindicatos tres documentos para que presentemos alegacións ata o martes 17 de outubro. Se é do teu interese, podes conectar coa CIG.

CONCURSO ORDINARIO DE TRASLADOS

  • Borrador das bases do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Admon especial da Admón. Xeral da Comunidade Autónoma de Galiza. Descargar.

    Este é o cuarto borrador das bases de concurso, cambiaron algunha cousa respecto dos borradores anteriores, como engadir a formación das universidades públicas, os máximos dos méritos específicos, reducir a puntuación por cada incremento de grao consolidado, ou ampliar  tempo para obter o máximo pola permanencia no posto.

    Manteñen o principal problema: néganse a puntuar o traballo desenvolvido en comisión de servizos como traballo no posto de orixe, algo que todos os sindicatos rexeitamos (a CIG négase a aceptar que se puntúe un mérito que só se pode conseguir a dedo).

    A previsión que traslada o DXFP é que primeiro vaia un concurso das escalas de incendios, a continuación as escalas especiais de política social, e finalmente do resto de administración especial. Para concurso de incendios asegura o DXFP que xa enviaron a relación de prazas a Medio Rural para a súa revisión.

    Non se mollan en comprometerse a que se convoquen os concursos para TODO O PERSOAL, de de xeito que poidan estar resoltos, TODOS, antes do 31/12/2024. E moitas outras cuestións que non queren tocar.

    O DXFP afirma que se van ofertar TODAS as vacantes existentes, estean ou non ocupadas (comisións de servizos e ocupadas por interinos/as, temporais e indefinidos/as ou en destino provisional).

EXPEDIENTE PERSOAL ELECTRÓNICO

  • Borrador da Orde pola que se regula o contido, uso e acceso ao expediente persoal electrónico do persoal empregado público da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e das súas entidades públicas instrumentais. Descargar

    Segundo borrador desta Orde que prevé a substitución do Portax polo Fides. Informan que os datos de experiencia interna (na Administración Autonómica) xa está toda trasvasada, e a externa estaría polo 80%. O novo borrador contén básicamente axustes técnicos.

    A CIG comunica que seguimos a recibir queixas polo volcado incompleto dos cursos da EGAP e a experiencia. Non obtemos resposta á nosa pregunta. Denunciamos que obrigar a utilizar o fides sen alternativa en papel é unha maneira de exclusión dalgunhas persoas que non teñen medios ou coñecementos para realizar os trámites dixitalmente.

    Teñen intención de aprobar a Orde en Comisión de Persoal no prazo de unha ou dúas semanas.

FUNCIONARIZACIÓN DE PERSOAL LABORAL FIXO EN EXCEDENCIA

  • Borrador resolución excedencias pola que se procede á apertura do prazo para solicitar a participación nos procesos de funcionarización polo persoal laboral fixo que se atope en situación de excedencia voluntaria, excedencia voluntaria por incompatibilidade ou por prestación de servizos noutra Administración pública. Descargar