No DOG do 19/03/2025 publican a RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2025 pola que se modifica a Resolución do 13 de maio de 2024 pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galiza.

Retiran do concurso de traslados as prazas que se indican no anexo I. A retirada das prazas foi aprobada na Comisión de Persoal do 18/03/25 co voto en contra da CIG, abstención de UGT e CSIF, e o voto a favor de CCOO

Emprego Público permite a retirada de máis de 200 postos do concurso de corpos xerais