Novas por contido

Na Mesa Sectorial de persoal funcionario celebrada o día 14/03/2025 a Dirección Xeral de Emprego Público trae como asunto a “modificación de postos ofertados no concurso de Administración Xeral”.

Anúncianos que retiran 212 postos do listado de postos do concurso de Administración xeral, dos que 168 postos son dunha única consellería: a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. Deses 212 postos, cerca de 30 os retiran para as eleccións de destino de persoas con discapacidade intelectual da Agrupación profesional de persoal subalterno e do corpo auxiliar. Comentan tamén que os postos retirados non se van utilizar para dar destinos nos procesos de estabilización.

Baixo a escusa de modificar os postos das oficinas de emprego, retiran case a metade dos postos vacantes da Consellería de Emprego. E certo que o 80% son postos base, pero iso non é desculpa para retiralos.

Estamos de acordo en que polas condicións específicas dos postos das oficinas de emprego, se estude actualizar os niveis (xa veremos cal é a proposta) para facelos atractivos para as persoas que concursen a eles. Pero precisamente, si o problema é que os postos das oficinas de emprego non se cobren con persoas funcionarias de carreira, estamos no momento xusto para facer o contrario ao que pretende a consellería: eses postos están no listado do concurso de traslados de administración xeral, e polo tanto, para a CIG deben permanecer nese listado.

Iso si sería facelos atractivos garantindo ademais os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade que segundo o artigo 88 da LEPG rexen os procedementos de provisión, porque todas as persoas funcionarias de carreira que poidan concursar van poder acceder a eles.

E si se prevén modificacións neses postos, bastaría con facer constar nas observacións de cada posto, que está sometido a unha posible modificación e unha vez publicado o novo listado facendo constar esa circunstancia, permitir a presentación de solicitudes a persoas que no momento da convocatoria reunisen os requisitos por si entenden que agora se modificaron as circunstancias.

A maiores disto, esta decisión pode ter consecuencias bastante funestas. Hai que lembrar que sobre todos os postos vacantes pende a posibilidade de amortización se non se cobren por funcionario/a de carreira despois de levar tres anos cubertos por persoal interino (excepto a posibilidade de prórroga). Se a Administración permitise a prórroga como lle solicitamos hai un ano, entón, non habería problema, pero retiralos sin permitilo pode dar lugar a retirar eses postos do concurso a perpetuidade. De aí que consideremos que no caso de retirar os postos do concurso se deba establecer a prórroga do persoal interino que os ocupa aínda que se exceda dos tres anos.

Novas relacionadas

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...