Na rolda aberta de intervencións da MSF do 13/10/25, a directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) deu información de: 

Concursos ordinarios de traslados

A CIG preguntou pola situación de todos os concursos de traslados que están en execución, pola situación das medidas xudiciais que afecten aos concursos, e polas previsións dos concursos que faltan por convocar. 

A DXEP respostou:

  • Que no mes de novembro publicarán o baremo provisional do concurso de corpos xerais
  • Que a continuación publicarían o baremo será o de escalas sociais
  • Que non tiñan novidades xudiciais
  • E punto final

Concursos específicos

Preguntamos cando tiñan pensado publicar en DOG o modelo de convocatorias de concursos específicos, ao que respostou que non se vai publicar. Afirmou que as consellerías xa teñen o modelo, e que agora está na man de cada unha delas.

Tal e como xa lle dixeramos no seu día, e que foi un dos motivos de votar en contra na comisión de persoal, é inaceptable que o modelo aprobado non conteña ningunha obriga de convocar os concursos específicos nun prazo límite. Sen esa obriga, veremos no tempo que tardan en convocar o primeiro e o último dos concursos específicos. E mentres tanto, seguirán botando man das comisións de servizos.

Carreira profesional

Afirma que a negociación será en outubro, insiste en que os efectos económicos serán a 01/01/2025, e que para evitar problemas co IRPF os pagos serán dentro do 2025.

Toma de posesión de enxeñarías+ciencias+arquitecturas

A DXEP informa que a publicación en DOG será para a semana que ven, e a toma de posesión ao día seguinte.