Os sindicatos con representación na Comisión de Persoal (CIG, CCOO, CSIF e UGT), vimos de ser convocados a unha Comisión de Persoal na que se van votar a Oferta de Emprego Público do ano 2025, a carreira profesional extraordinaria (graos I, II e III), e o decreto de carreira ordinaria e a avaliación do desempeño. Vai ser o venres 28 de novembro, e esta é a documentación:

  • Oferta de Emprego Público-2025. Esta vez si envían o anexo coas prazas. Descargar

  • Anteproxecto de Decreto de carreira profesional ordinaria e avaliación do desempeño. Descargar

  • Convocatoria carreira profesional funcionarios/as (carreira administrativa). Graos I-II-III extraordinarios. Descargar

  • Convocatoria carreira profesional laborais (complemento desempeño). Graos I-II-III extraordinarios. Descargar