Na Comisión de Persoal do xoves 9 de abril, preguntamos por varios asuntos do que aquí dámosche conta:

Concurso de traslados de educación infantil e auxiliar coidadores/as

Dende a CIG trasladamos que estando xa aberto dende o luns o prazo para a elección de postos do concurso de traslados de educación infantil e auxiliar coidadores/as, como é posible que sigan faltando vacantes ocupadas por persoal temporal, as cales levamos reclamando dende fai tempo. Hai que ofertar todos os postos vacantes e descoñecemos o motivo de por que hai postos que non saen. Quedan en revisar de novo os dous postos e en vindeiros días informarán.

Retirada de postos do concurso das escalas de servizos sociais

Volvemos a reiterar o dito na mesa sectoria. A administración retira do concurso 25 postos vacantes (1 de auxiliar de clínica, 1 de educador/a social, 1 de terapeuta ocupacional, 2 de médico/a, 11 de psicólogo/a e 9 de traballador/a social). Desas sabemos que dúas se corresponden con persoas con máis de 2 anos en destino provisional que demandaron xudicialmente a posibilidade de participar no concurso.

Ao igual que no caso do concurso de enxeñarías, arquitecturas e ciencias, o que teñen que facer é DUPLICAR OS POSTOS. A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) di que todos os postos que se retiraron responden a execución de resolución xudiciais e da duplicidade de prazas entenden que non responde á mesma casuística que o concurso de enxeñerías.

Esiximos que abran unha mesa de negociación para tratar este problema que ademáis se vai producir non só neste concurso se non no resto dos que quedan.

Chamamentos do Consorcio

Seguimos denunciando que se cometen erros con repercusións moi graves como é adxudicar vacantes e logo retiralas por motivos que non son xustificados. Este sistema de chamar a través dun documento de Word está máis que demostrado que non é transparente nin funcional e categorías como persoal xerocultor e PSX aínda non saben cando poderán pasar a ser chamadas polas listas de contratación temporal da Xunta ademais de poder inscribirse, situación que suporá problemas nas coberturas nos centros.

Tamén se comenta na comisión de persoal a situación de desleixo do xefe de persoal do Consorcio que non resposta ás chamadas nin aos correos electrónicos. Entre outros problemas, non se están aplicando os trienios nin executando as sentenzas firmes.

A DXEP informa que están traballando para incluír estas dúas categorías ao decreto de listas e que no caso desta interinidade preguntará o sucedido e informará así como contactarán co Consorcio para poder máis información.

Mesa de negociación do Persoal non docente

Dende a CIG reclamamos que se faga o posible establecer unha data XA para esta mesa así como a futura negociación da RPT.
A DXEP di que falarán coa Consellería de Educación para ver se é posible marcar data…

Carreira Profesional

Preguntamos cando se van resolver todas as solicitudes. A DXEP di que están resoltas o 87% das presentadas.