Na Comisión de Persoal de hoxe, 24/04/2026 voltamos a esixir que nos convoquen xa á reunión á que se comprometeron. Na Mesa Xeral do 21/04/2026 comprometéronse a convocarnos a unha xuntanza de carácter técnico para solventar o problema dos actos de elección de destino. Nin nos enviaron datos, nin a listaxe de postos. Non podemos saber cantos postos quedaron vacantes da fase de resultas se non nos facilitan os datos.

O que si podemos saber, por exemplo, é que do subgrupo A1 na primeira fase só quedaron 180 postos abertos a ese subgrupo sen adxudicar. E só contando coas persoas aprobadas de libre, promoción interna, concurso de estabilización e concurso-oposición suman 297 persoas. Onde están os 117 postos que faltan? Sobran 117 postos de resultas? E así sucesivamente. E todo isto sen computar os aprobados de libre e da promoción interna pendente (que a ver se sacan a lista de aprobados XA!), posterior á estabilización. APORTEN OS DATOS, porque sen telos non podemos saber si é posible evitar a idea da DXEP dos “bloques”.

E como ademais temos constancia de que en moitas xefaturas territoriais se está avisando a persoas que están en comisión de servizos en postos vacantes XERADOS DESPOIS DO CONCURSO, é dicir, que non pasaron polo concurso, e que teñen nivel, todo isto nos fai sospeitar de que hai unha falta de previsión absoluta na convocatoria de Ofertas de Emprego Público e provisión de postos. NON PODE HABER MENOS POSTOS QUE PERSOAS.

E como é evidente que os postos que non pasaron polo concurso non se deberían ofrecer, só queda facer excepcións, como en casos extremos, ofertar postos base, abrir postos a outros subgrupos ou tal e como se fixo no concurso de enxeñarías, arquitecturas e ciencias, CREAR POSTOS BASE NOVOS.

As persoas teñen dereito a saber que é o que realmente sucede. FACILITEN OS DATOS E CONVOQUEN A REUNIÓN XA.

Da resposta da directora xeral deducimos que TEÑEN MONTADO UN LÍO MONUMENTAL. Todo o que nos dixeron con anterioridade eran "previsións" e todo está condicionado a unha análise que resulta que "non está rematada". E cando rematen e antes de publicar os actos de elección de destinos nos convocarán e aí explicarannos por que elixiron a opción dos 2 bloques, que segundo ela "non hai outra opción", e tamén nos explicarán a orde de convocatorias e subgrupos ou viceversa.

E o dato de máis relevancia é que a publicación das eleccións de destino será nas "vindeiras semanas" (sic). Un nivel de concreción indignantemente pouco preciso como para NON ACLARAR NADA cando foi ela mesma a que anunciara que se publicarían entre os días 20 e 24 de abril.

E da petición de que publiquen xa a lista de aprobados da promoción interna do 2023 limítase a dicir a obviedade de que "Teñen que publicar as persoas aprobadas coa proposta do tribunal e logo abrir o prazo para presentar a documentación e xa logo poderán seleccionar destino." Aclara que "...nas vindeiras semanas publicarán as listas de aprobados".

 

(Mentres non fan isto avanzamos aquí o estado dos postos sobrantes do A1 só da 1º fase e o número de aprobados simplemente a título informativo e a modo de exemplo sobre a necesidade de ter todos os datos)

POSTOS SOBRANTES DA PRIMEIRA FASE DO CONCURSO   POSTOS ABERTOS AO A1   APROBADOS A1
A1 172   180   2019 LIBRE 76
A1 A2 2       2020 PI 3
A1 A2 C1 6       2022 CONC 211
A2 70       2022 CONC OP 7
A2 C1 C2 38       TOTAL 297
C1 80          
C1 C2 174          
C1 C2 AP 1          
C2 890          
AP 599          
TOTAL 2.032          

Cálculo feito cos postos sobrantes da 1ª fase ao non facilitarnos a DXEP os datos de resultas