Na xuntanza á que asistimos o luns 11 de maio coa directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) para falarmos da resolución do concurso de traslados de corpos xerais e dos criterios para a elección de destino dos procesos selectivos, a DXEP deu a seguinte información:
- O prazo para a toma de posesión (concurso e procesos selectivos) podería ir ata mediados de xullo. A incorporación aos postos de traballo non será, segundo a súa previsión, máis aló do 15 de xullo.
En canto á orde de prelación para a elección de destino, a Xunta mantén a súa decisión anunciada unhas semanas atrás (con algún cambio):
- Dous bloques con criterios diferentes: os que non son de estabilización (1º bloque), e os que son de estabilización (2º bloque)
- Primeiro bloque: a orde de escolla é primeiro todos os A1 deste bloque, e sucesivamente os seguintes subgrupos; e dentro de cada subgrupo seguirían a orde: 1º funcionarización, 2º promocion interna 2020, 3º libre de 2019, 4º promocion especifica, 5º libre do 22
- Estabilización: irán a continuación, e escollerían por orde de convocatoria e dentro desta por subgrupo
- A promocion interna do 2023 non elixirá destino e non din cando o van facer. Insistimos en que se incluíran
Nota: Esta información pode ser ampliada. Volve a entrar aquí para máis información