Na rolda de intervencións da Comisión de Persoal do venres 3 de xullo preguntamos polas solicitudes da carreira pendentes de resolución, así como pola concreción de datas das distintas fases dos concursos F0425, F0326 e F0525.

 Resolucións pendentes da carreira profesional 

  • Preguntamos pola situación na que está a tramitación das solicitudes, dado que nos consta que a día de hoxe continúan sen estar resoltas algunhas, cando o prazo de 6 meses para resolvelas xa rematou o 30 de xuño.
  • A DXEP dinos que non lles faltan moitas por estimar, a día 30 de xuño tiñan practicamente todo feito, e o resto serían solicitudes inadmitidas ou desestimadas. Estes días a directora asinou varias resolucións estimatorias, que lles chegarán nos vindeiros días ás persoas solicitantes.

Previsións do concurso F0425 (mantemento, recursos naturais e forestais, cociña, condución,  laboratorio e limpeza)

  • Unha vez resolto o concurso, preguntamos se poden concretar a data de toma de posesión, así como as datas das eleccións de destino e tomas de posesión dos procesos selectivos derivados deste.
  • A DXEP responde que o 26 de xuño se publicou a resolución do acto de elección de destino, pero o nomeamento e adxudicación de destino non van realizala no mes de xullo. Van ter a elección de destino e toma de posesión en setembro, e incluirán procesos de acceso libre de convocatorias de 2023 e 2024 (que elixirán despois das persoas que superaron os procesos selectivos de estabilización).

 Previsións do concurso F0326 (educador/a infantil, educación infantil e persoal coidador)

  • Preguntamos pola data concreta da adxudicación de postos e toma de posesión, e dos procesos selectivos derivados deste concurso.
  • A DXEP responde que manteñen a previsión e publicarán na primeira quincena do mes de xullo a resolución de elección de destino e a resolución de adxudicación de postos. A toma de posesión en todos estes casos será o 1 de setembro, para que estas persoas estean incorporadas co comezo de curso o 4 de setembro.

 Previsións do concurso F0426 (persoal xerocultor e PSX)

  • Pedimos a concreción da data de xullo na que se publicará o baremo provisional, así como a previsión das datas para a elección de destino, adxudicación de postos e toma de posesión.
  • A directora xeral só confirma que o baremo provisorio se publicará en xullo,  sen aclarar máis datas.

 Previsións do concurso F0525 (persoal facultativo, técnico facultativo, gobernante e auxiliar de clínica)

  • Preguntamos pola adxudicación de postos do concurso e dos procesos selectivos derivados del.
  • A DXEP indica que se publicará a semana do 9 de xullo a resolución de elección de destino e de adxudicación de postos, e publicarán procesos de 2024.