Na Mesa Sectorial de Negociación do xoves 16, a directora xeral de Emprego Público (DXEP) deu información actualizada das previsións das datas de toma de posesión dalgúns concursos de traslados e procesos selectivos.
Indica a DXEP que debido ás incidencias técnicas das últimas semanas, tiveron que ampliar os prazos (como foi en corpos xerais ou escalas sociosanitarias) para a elección de destinos polo que actualizan as previsións de datas.
CORPOS XERAIS
A resolución de adxudicación de postos dos procesos selectivos ten que ser na vindeira semana, do 20 ao 24, e non nesta como anunciara. Mantén que a toma de posesión (concurso e procesos selectivos) será o 15 de setembro.
ESCALAS SOCIOSANITARIAS
A adxudicación será despois de corpos xerais, pero non concreta data. Para a data da toma de posesión, que estaba prevista para o 8 de setembro, di que quedará para o 15 de setembro por petición da Consellería de Política Social, por mor dos desaxustes que produciría nas vacacións.
EDUCACIÓN INFANTIL (A2 e C1) E AUXILIAR COIDADOR (C2)
Nestes procesos selectivos incumpre o anunciado, de que publicarían o acto de elección de destinos na primeira quincena de xullo, e agora di que publican na vindeira semana (a do 20 ao 24). A CIG pregunta se pode concretar data, debido á proximidade de publicación, e nos di que non pode dicir o día concreto. Coa publicación tamén resolverán o concurso de traslados.
Informa dunha novidade para este acto de elección de destinos xa que hai máis de 40 persoas que superaron varios procesos de infantil, e máis de 50 persoas no caso de aux. coidador. Por este motivo van convocar dous actos de elección de destino:
- No primeiro acto chegarán ata estabilización (incluíndo, xa que logo, a quenes están en destino provisional), e ofertarán o número total de postos que van a ofertar tanto para o 1º como para o 2º acto. Deixa caer que probablemente o número de postos sexa axustado ao número de persoas.
- Cando teñan constancia das persoas que renuncian, farán unha proposta complementaria de persoas que superan os procesos, e a continuación farán o 2º acto de elección de destino no mes de agosto.
- Para o 2º acto estarán tamén convocadas as 124 persoas que superaron C1-educ.infantil convocado en 2024.
En canto á data de incorporación ao posto (de concurso de traslados e de procesos selectivos), mantén a data do 1 de setembro.
LABORATORIO-CONDUCIÓN-COCIÑA-MANTEMENTO-RRNN-LIMPEZA-SUBALTERNO
Mantén que a elección de destino será en setembro, pero da información nova:
- Previamente analizarán se hai moitas persoas que superaron dous procesos de estabilización e teñan que renunciar a algún deles, para valorar se haberá un ou dous actos de elección de destino.
- De decidir que haxa dous actos, sería como no concurso anterior: no primeiro acto irían ata estabilización (e provisionais); no segundo irían as novas persoas persoas que superen os procesos selectivos como consecuencia das renuncias, xunto coas persoas dos procesos convocados en 2023 e 2024.
A incorporación ao traballo (tanto de concurso de traslados como de procesos selectivos) será o mesmo día para todos/as (pero non especifica datas).
PERSOAL VETERINARIO, PSX E XEROS
Di que entre setembro e outubro estarían rematados os dous concursos e calcula que os destinos estarían adxudicados en novembro. Non especifica se a toma de posesión sería tamén en novembro.
AS DEMAIS ESCALAS
Preguntamos pola situación do resto de escalas, incluíndo aquelas que teñen os concursos de traslados máis recentes. De todas estas escalas, non facilita ningunha información.