No DOG do 05/11/2021 publican:

- RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2021, da comisión encargada de cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral e corpo facultativo superior da Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, polo persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo I, do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2021, da comisión encargada de cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo de xestión de Administración xeral e corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, polo persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo II do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2021, da comisión encargada de cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo administrativo de Administración xeral, subgrupo C1, e do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, polo persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo III do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2021, da comisión encargada de cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da agrupación profesional de persoal funcionario, polo persoal laboral fixo de varias categorías pertencentes ao grupo V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Publican as cualificacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas á proba tipo test no portal web da Xunta de Galiza funcionpublica.xunta.gal, ás cales se poderá acceder a través do seguinte enderezo: https://www.xunta.gal/funcion-publica/funcionarizacion