No DOG do 17/03/2022 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2022 pola que se convocan cursos de prevención de riscos laborais, nivel básico, para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

O prazo para a inscrición estará aberto desde as 9.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 23.55 horas do día 27 de marzo de 2022.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/ matricula>. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.