No DOG do 18/03/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2022, da comisión encargada de cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro forestal xefe de brigada, do corpo de técnicos de carácter facultativo de administración especial, subgrupo C1, do persoal laboral fixo pertencente á categoría 100 do grupo III do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2022, da comisión encargada de cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes aos grupos IV e V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Segundo o establecido na base IV.1 das resolucións das convocatorias, publican como anexos ás resolucións a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso de funcionarización para cada categoría e propoñen o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.