No DOG do 25/03/2022 publican:

- ACORDO do 21 de marzo de 2022, da comisión designada para xulgar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo superior de Administración xeral e corpo facultativo de grao superior de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo I do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 7 de febreiro de 2020 (DOG número 32, do 17 de febreiro), polo que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización da proba tipo test para aquelas persoas que xustificaron a súa ausencia na proba do día 3 de outubro de 2020.

Terá lugar o 8 de abril de 2022, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, na aula número 6 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en Santiago de Compostela.

- ACORDO do 21 de marzo de 2022, da comisión designada para xulgar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo administrativo de Administración xeral e corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo III do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocados polas resolucións do 26 de abril de 2021 (DOG número 81, do 30 de abril) e do 25 de agosto de 2021 (DOG número 170, do 3 de setembro), polo que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización da proba tipo test para aquelas persoas que xustificaron a súa ausencia nas probas dos días 2 de outubro e 27 de novembro de 2021.

Terá lugar o 8 de abril de 2022, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, na aula número 11 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en Santiago de Compostela

- ACORDO do 21 de marzo de 2022, da comisión designada para xulgar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar de Administración xeral e corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo IV do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado polas resolucións do 7 de febreiro de 2020 (DOG número 32, do 17 de febreiro), do 12 de maio de 2021 (DOG número 94, do 21 de maio) e do 25 de agosto de 2021 (DOG número 170, do 3 de setembro), polo que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización da proba tipo test para aquelas persoas que xustificaron a súa ausencia nas probas do día 4 de outubro de 2020, 2 de outubro de 2021 e 28 de novembro de 2021.

Terá lugar o 8 de abril de 2022, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, na aula número 11 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en Santiago de Compostela.

- ACORDO do 21 de marzo de 2022, da comisión designada para xulgar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da agrupación profesional de persoal funcionario, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocados polas resolucións do 7 de febreiro de 2020 (DOG número 32, do 17 de febreiro) e do 12 de maio de 2021 (DOG número 94, do 21 de maio), polo que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización da proba tipo test para aquelas persoas que xustificaron a súa ausencia nas probas dos días 3 de outubro de 2020 e 26 de setembro de 2021.

Terá lugar o 8 de abril de 2022, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, na aula número 6 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en Santiago de Compostela.