No DOG do 02/05/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2022, da comisión designada para xulgar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo superior de Administración xeral e corpo facultativo de grao superior de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo I do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 7 de febreiro de 2020 (DOG número 32, do 17 de febreiro), polo que dá publicidade a diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2022, da comisión designada para xulgar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo administrativo de Administración xeral e corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo III do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocados polas resolucións do 26 de abril de 2021 (DOG número 81, do 30 de abril) e do 25 de agosto de 2021 (DOG número 170, do 3 de setembro), polo que se dá publicidade de diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2022, da comisión designada para xulgar os procesos para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar de Administración xeral e corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galia, subgrupo C2, polo persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo IV do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocados polas resolucións do 7 de febreiro de 2020 (DOG número 32, do 17 de febreiro), do 12 de maio de 2021 (DOG número 94, do 21 de maio) e do 25 de agosto de 2021 (DOG número 170, do 3 de setembro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2022, da comisión designada para xulgar os procesos para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da agrupación profesional de persoal funcionario polo persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocados polas resolucións do 7 de febreiro de 2020 (DOG número 32, do 17 de febreiro) e do 12 de maio de 2021 (DOG número 94, do 21 de maio), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Publícan as cualificacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas á proba tipo test dos procesos de funcionarización que se citan no portal web da Xunta de Galiza funcionpublica.xunta.gal, ás cales se pode acceder a través do seguinte enderezo: https://www.xunta.gal/funcion-publica/funcionarizacion