No DOG do 12/06/2023 publican a ORDE do 9 de xuño de 2023 pola que se regula o procedemento para o nomeamento como persoal funcionario de carreira do persoal laboral fixo de determinadas categorías profesionais que superou os procesos de funcionarización convocados pola Resolución do 25 de agosto de 2021.

O persoal laboral fixo incluído no anexo II deberá asinar un acordo de extinción do contrato de traballo, consonte ao establecido no artigo 7.2 do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

A data de sinatura deste acordo de extinción será o 12 de xuño de 2023.

A extinción estará condicionada á efectiva toma de posesión como persoal funcionario de carreira.

A toma de posesión como persoal funcionario de carreira, que implicará o cambio do vínculo xurídico coa Administración, será o 13 de xuño de 2023.

ANEXO II Persoal nomeado funcionario de carreira: Categoría 100 (bombeiro/a forestal xefe/a de brigada) do grupo III.