Inicio
Martes, 28 Xullo 2026

Plantón sindical na Mesa Xeral pola non negociación dun acordo para o Persoal Non Docente

A Consellería da Imposición e falta de Educación, segue a mofarse do Persoal da Administración e Servizos dos centros educativos, e levan á Mesa Xeral de negociación a modificación da relación de postos de traballo (RPT), sin propoñer nin dar datas de cara á negociación dun Acordo Marco de condicións de traballo para o persoal non docente dos centros, motivo polo que xa na anterior reunións os deixamos sentados e coa palabra na boca.

Nesta Mesa Xeral, dimos lectura dun comunicado conxunto ...


Xoves, 23 Xullo 2026

Zasca do Tribunal Supremo! á carreira profesional (ST 636/2026)

O que Xunta, CCOO e UGT che quitaron a CIG devólvecho nos xulgados

Mentres a CIG gastaba tapas de zapato nos xulgados defendendo a dignidade do persoal laboral que obrigaban a funcionarizarse para cobrar a carreira profesional, os do "pacto da foto" (Xunta-CCOO-UGT) dicíannos de todo menos "bonitos/as" diante das traballadoras e dos traballadores. Axeonlláronse diante da chantaxe de San Caetano, asinando un acordo que vendía os dereitos do persoal laboral para saír guapos/as na prensa.

Para ...


Luns, 20 Xullo 2026

Altas temperaturas no SPIF

Hidratación, avituallamento e medios de apoio

A CIG solicita á Consellería do Medio Rural medidas preventivas para garantir a seguridade e a saúde do persoal que permanece longos períodos fóra da base durante episodios de calor.

A SITUACIÓN

Coas vagas de calor que estamos sufrindo, o persoal do SPIF está sometido a un estrés térmico engadido ao propio estrés térmico da súa actividade. É preciso establecer medidas preventivas nas vagas de calor para evitar os riscos asociados a altas ...


Luns, 20 Xullo 2026

Esiximos novas avaliacións de riscos para gardas e axentes ambientais

A CIG reclama avaliacións de riscos para todo o persoal axente ambiental e garda de recursos naturais en base as novas directrices do INSST

Nestes días estamos a solicitar á Xunta a elaboración de novas avaliacións de riscos laborais adaptadas á Lei 4/2024, básica de axentes forestais e medioambientais, e ás novas directrices do Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, publicadas neste mes de xuño.

As solicitudes diríxense aos distintos departamentos nos que existen postos ...


Venres, 10 Xullo 2026

A conselleira de Política Social defende os intereses do empresariado do sector das escolas infantís e esquece a traballadoras e crianzas

Conselleira Fabiola: presente a dimisión xa!

Gabinete de crise

A conselleira de Política Social declara que se o goberno central aproba unhas novas ratios, coas cifras que se publicaron, acábase a gratuidade das escolas infantís.

Cal gratuidade? A que, cos nosos impostos, lle pagamos ás empresas que prestan este servizo? Ás empresas que teñen as traballadoras co SMI ou por debaixo?

Ten o morro esta conselleira de mentirnos á cara dicindo que se reúne con “todo o sector” agochando que con ...


Venres, 10 Xullo 2026

Actos de elección de destino (CP 10/07/26)

Nesta xuntanza do 10 de xullo da Comisión de Persoal tratamos a situación caótica dos actos de elección de destino. O propósito da CIG é trasladarmos información completa e transparente e que se negocie, algo que botamos en falla. A modificación da resolución da elección de destino das escalas sociosanitarias (DOG do 13 de xullo) incluirá a eliminación de persoas falecidas e xubiladas e a adición de máis postos para códigos de dobre titulación e para persoal pedagogo. É posible que o ...


Sábado, 04 Xullo 2026

Carreira profesional e concursos F0425, F0326 e F0525 (CP 03/07/2026)

Na rolda de intervencións da Comisión de Persoal do venres 3 de xullo preguntamos polas solicitudes da carreira pendentes de resolución, así como pola concreción de datas das distintas fases dos concursos F0425, F0326 e F0525.

 Resolucións pendentes da carreira profesional 

  • Preguntamos pola situación na que está a tramitación das solicitudes, dado que nos consta que a día de hoxe continúan sen estar resoltas algunhas, cando o prazo de 6 meses para resolvelas xa rematou o 30 de xuño.
  • A ...

Venres, 03 Xullo 2026

Xuntanza con Emprego Público polos autos de extensión de efectos de sentenzas de destino definitivo

O venres 3 de xullo de 2026 tivemos unha xuntanza informativa coa directora xeral de Emprego Público na que deu unha serie de información a respecto dos autos de extensión de efectos de sentenzas de destino definitivo

O 29 de abril a Xunta de Galiza recibiu o fallo do Tribunal Supremo polo que desestimaba o recurso de casación interposto pola Xunta de Galiza contra tres sentenzas de autos de extensión de efectos.

A Xunta tiña presentados recursos de casación contra todos os autos de ...


Xoves, 02 Xullo 2026

A CIG exixe a Gain que identifique e publique os postos antes da elección de destino da estabilización

A solicitude da identificación dos postos presentada pola CIG o 3 xullo de 2025 non recibiu resposta da Dirección da Gain até a data, incumprindo a lexislación vixente.

A CIG vén de reiterar a súa reclamación ante a Axencia Galega de Innovación (Gain) para que publique e identifique os postos de traballo que serán ofertados no acto de elección de destino do proceso extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021.

O sindicato lembra que as persoas aspirantes levan un ano e medio ...


Venres, 26 Xuño 2026

A CIG esixe explicacións pola falta de postos na elección de destino de corpos xerais

Dende a CIG solicitámoslle a Emprego Público que nos aclare posto a posto a tremenda desfeita que está a facer nos procesos de elección de destino dos corpos xerais.

Temos moitísimas queixas de persoas traballadoras que están nestes procesos e que non saben o motivo de que se “comeran” tantos postos.

Non sabemos se en Emprego Público pensan que só son “dúas ou tres persoas afectadas”; por iso, achegamos uns modelos de queixa para remitirllos á directora xeral de Emprego Público e á Valedora ...


Venres, 26 Xuño 2026

O totum revolutum de Emprego Público: a nova receita do caos nas eleccións de destino

Hai días nos que un pensa que a capacidade de Emprego Público para sorprendernos chegou ao límite, pero despois supéranse. Vaia cristo formaron! Se o obxectivo era xerar o caos absoluto e cabrear a todo o persoal, temos que darlles un aplauso. Conseguírono.

Non sabemos moi ben quen está aos mandos da cociña en San Caetano, pero decidiron que a mellor forma de xestionar os recursos humanos era facer unha boa queimada administrativa: todo para dentro, que arda, e que Deus reparta sorte.

Cunha ...


ANEXO I  
   
I- ADMINISTRACIÓN XERAL  
I. 1.PROMOCIÓN INTERNA:  
Corpo Superior de Administración da Xunta de Galicia (Subgrupo A1) 25
Corpo de Xestión de Administración da Xunta de Galicia (Subgrupo A2) 25
Corpo Administrativo da Xunta de Galicia (Subgrupo C1) 30
Corpo Auxiliar da Xunta de Galicia (Subgrupo C2) 30
TOTAL 110
I.2. ACCESO LIBRE  
- Corpos Xerais:  
Corpo Superior de Administración da Xunta de Galicia (Subgrupo A1) 20
Corpo de Xestión de Administración da Xunta de Galicia (Subgrupo A2) 15
Corpo Auxiliar da Xunta de Galicia (Subgrupo C2) 30
- Escalas:  
Corpo de Xestión de Administración da Xunta de Galicia (Subgrupo A2)  
Escala Técnica de Estatísticos 4
TOTAL 69
I. 3. CONSOLIDACIÓN  
- Escalas:  
Corpo Superior de Administración da Xunta de Galicia (Subgrupo A1):  
Escala superior de Finanzas 13
Escala superior de Estatísticos 1
Corpo de Xestión de Administración da Xunta de Galicia (Subgrupo A2):  
Escala Técnica de Finanzas 5
Corpo Administrativo da Xunta de Galicia (Subgrupo C1):  
Escala Subinspección de consumo 1
TOTAL 20
TOTAL ADMINISTRACIÓN XERAL 199
   
II. ADMINISTRACIÓN ESPECIAL  
II.1. ACCESO LIBRE  
Corpo Facultativo Superior da Xunta de Galicia (Subgrupo A1):  
Escala de Arquitectos 10
Escala de Enxeñeiros Industriais 4
Escala de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos 6
Corpo Facultativo de Grao Medio da Xunta de Galicia (Subgrupo A2):  
Escala de Arquitectos Técnicos 6
Escala Enxeñeiro Técnicos Agrícolas 10
Escala de Enxeñeiros Técnicos Obras Públicas 10
Corpo de Axudantes Facultativos da Xunta de Galicia (Subgrupo C1):  
Delineantes 2
TOTAL ADMINISTRACIÓN ESPECIAL 48
TOTAL DE PERSOAL FUNCIONARIO 247
   
   
ANEXO II  
Relación definitiva das prazas derivadas dos axustes dos procesos de consolidación de persoal laboral.  
   
I.- PERSOAL LABORAL  
I.1. PLAN DE CONSOLIDACIÓN 1ª PARTE  
Grupo I 165
Grupo II 47
Grupo III 52
Grupo IV 168
Grupo V 11
TOTAL 443
   
I.2. PLAN CONSOLIDACIÓN 2ª PARTE  
Grupo I 128
Grupo II 38
Grupo III 31
Grupo IV 27
Grupo V 3
TOTAL 227
TOTAL GLOBAL 670
   
   
ANEXO III  
Autorización conxunta das Consellerías de Presidencia, Administracións Públicas  
e Xustiza e Economía e Facenda de 22 de decembro de 2008.  
   
I- ADMINISTRACIÓN ESPECIAL  
Corpo de Axudantes Facultativos da Xunta de Galicia (Grupo C, Subgrupo C1)  
Escala de Axentes Facultativos Medioambientais 20
TOTAL ADMINISTRACIÓN ESPECIAL 20
   
   
   
TOTAL OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 937

      

Descarga a OEP 2009 (DOG 18/12/2009)