Novas por contido

Na Mesa Xeral do 18 de xuño, a CIG expuso unha serie de asuntos que afectan ao persoal das escalas sanitarias: reiteramos a exixencia de solución aos impedimentos á formación, a falta de concursos de traslados e a necesidade de abrir un debate sobre a integración forzada.

A CIG pon estes asuntos enriba de moitas Mesas Xerais de Negociación, obtendo a calada case sempre por resposta. Pero desta volta, e estando presente unha representante da consellaría de Sanidade, obtivemos o compromiso do Director Xeral da Función Pública de tratar estes asuntos con Sanidade e dar resposta antes de rematar o mes de xuño. Queremos crer na súa palabra.

 

Formación

Denunciamos ante a Mesa Xeral, unha vez máis, os atrancos á formación que reciben por parte da EGAP. Esquece a Escola que o persoal das escalas sanitarias son funcionarios e funcionarias de administración dunhas determinadas escalas relacionadas coa sanidade, non persoal estatutario dependente do SERGAS, independentemente de se prestan servizos en oficinas administrativas ou en centros sanitarios.

 

Concurso de traslados

Sabemos dalgunha clase das escalas sanitarias que levan 10 anos sen concurso de traslados, algo absolutamente inaceptábel. A CIG xa ten solicitado repetidamente unha solución a un problema que nace da situación de limbo destas escalas: actuando igual que a EGAP, Sanidade tamén esquece o réxime xurídico deste persoal funcionario pero non acaba de tratalos igual que ao persoal estatutario (no fondo saben que non o son), e Función Pública tampouco os asume como persoal propio.

Un exemplo desta situación de limbo foron algúns procesos selectivos para as escalas sanitarias: a diferenza doutros procesos impulsados por Función Pública e negociados no seu ámbito, estes foron impulsados por Sanidade e negociados na Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Sanitario (é dicir, foron negociados entre representantes da consellería de Sanidade e delegados sindicais que non representan aos afectados).

A CIG-Autonómica exixe unha impediata negociación do concurso de traslados, dentro do ámbito da Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario.

 

Integración

O Real decreto-lei 16/2012 (BOE do 24/04/2012, modificado no BOE do 14 de maio), de medidas urxentes para garantir a sustentabilidade do Sistema Nacional de Saúde e mellorar a calidade e seguridade das súas prestacións, [sic], introduce unha disposición adicional no Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde que establece a "integración do persoal funcionario ao servizo de institucións sanitarias públicas".

Segundo esta norma, o persoal das escalas sanitarias que presta servizos en centros sanitarios ten que optar antes do 31 de decembro do 2013 entre integrarse como persoal estatutario ou permanecer como persoal funcionario pero prestando servizos en órganos administrativos fora das institucións sanitarias.

A CIG-Autonómica solicitou na Mesa Xeral unha negociación no ámbito de Función Pública para dar saída a esta situación antes da data límite

Outras novas recentes

Martes, 06 Outubro 2026

Elección de destino de varias escalas de C1, C2 e AP

No DOG do 05/10/2026 publican a Resolución pola que se modifica a Resolución do 24 de setembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo...
Mércores, 07 Outubro 2026

A CIG solicita oficialmente unha auditoría no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Denunciamos que a Xerencia garda silencio mentres o persoal traballador está ao límite. Despois do peche que fixemos no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (CGSIB) e logo da reunión mantida o día 29 de setembro co xerente do Consorcio, a CIG vén de solicitar oficialmente unha auditoría.  Isto xa non é unha mala xestión: é unha situación insostíbel e un...
Domingo, 04 Outubro 2026

Os sectores de atención social e coidados únense para rematar coa precariedade de persoal e persoas usuarias

Lanzan unha campaña de mobilización para reclamar, ademais, a xestión directa dos servizos a través dun Sistema Público Galego de Servizos de Atención ás Persoas eowpzSxtLVM Traballadores e traballadoras do sector de coidados -público e privado- veñen de unificar as súas loitas para denunciar a precariedade que padecen e as consecuencias que isto ten para as persoas...