Inicio
Mércores, 25 Novembro 2026

Proba piloto de Avaliación de Desempeño: repetimos a chapuza dos tempos de Fraga?

Recibimos unha chamada do Sr. Barreiro, actual director xeral de Simplificación Administrativa e anterior de Función Pública, para informarnos que van facer unha proba piloto para experimentar coa futura avaliación do desempeño das persoas traballadoras da Administración Autonómica.

Resulta que en Simplificación Administrativa tiveron a xenial e marabillosa idea de “elixir” a unhas 60 persoas (por determinar) para facer esa proba piloto sobre unha avaliación do desempeño imposta, non ...


Martes, 24 Novembro 2026

A Administración actúa como polo sen cabeza coas tomas de posesión

Por fin rematou a toma de posesión convocada no DOG do 11 de novembro de 2026, a toma de posesión en escalas de persoal funcionario que ía ocupar maioritariamente postos en centros de destino das Consellerías de Educación, Política Social, Medio Rural e Medio Ambiente.

Podíamos imaxinarnos que nada ía saír ben tendo como referencia a toma de posesión convocada en agosto, na que xa comprobáramos o mal facer da Xunta e tendo en conta que nesta de novembro o número de persoas era moito maior; ...


Martes, 24 Novembro 2026

25N Abonda de violencia institucional contra as mulleres!

Este 25N saimos ás rúas para denunciar a violencia física, psíquica e institucional que se exerce sobre as mulleres nas/polas administracións públicas. A precariedade e tamén unha forma de violencia sobre sectores feminizados dentro do emprego público, que impide ás mulleres ter unha vida libre e independente. Por iso, agora máis que nunca, A Loita Continúa


Martes, 24 Novembro 2026

Persoal de incendios clama nas rúas de Santiago por melloras laborais e organizativas

CIG convocou unha manifestación que percorreu as rúas de Compostela, para visibilizar as reivindicacións do persoal do servizo de incendios (SPIF), por unhas condicións laborais dignas e melloras salariais e organizativas que permitan adaptar o servizo á realidade actual, tanto de carestía da vida como da nova tipoloxía de lumes.

A manifestación nacional, convocada por CIG-Autonómica rematou en San Caetano, onde se leu un manifesto coas principais ...


Luns, 23 Novembro 2026

A CIG esixe que a Xunta faga o seu traballo e realice unha revisión integral dos niveis das persoas empregadas públicas

Na súa deriva discriminatoria cara ao persoal, a Xunta leva tempo facendo propostas de subas de niveis a cachos e onde lle peta.

Vimos de rexistrar unha petición para que fagan dunha vez por todas un estudo serio da estrutura de postos da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, que está completamente obsoleta e cuns niveis mínimos inferiores a outras administracións públicas, tales coma o Estado ou Xustiza.

Temos claro que a funcionarización chapuza e sen garantías artellada ...


Xoves, 19 Novembro 2026

O sector dos coidados e a atención ás persoas en loita!

As traballadoras do sector de coidados e atención denuncian a precariedade da súa situación laboral e dos servizos que se prestan desde a Consellería de Política Social e a Consellería de Educación.

Centos de manifestantes marcharon en Santiago de Compostela o sábado 14 de novembro, reclamando a creación dun Servizo Público Galego de Atención ás Persoas que garanta servizos de calidade e condicións de traballo dignas para o persoal que os presta.


Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse.

Sen convocatoria á CIG para as negociacións das integracións

Na Comisión de Persoal do 27 de outubro de 2026 a CIG preguntou sobre a integración de GAIN, INTECMAR e ...


Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos

Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade.

1. Cal é a miña situación laboral no día de folga?
Durante a xornada de folga, o contrato de traballo está suspendido, ficando ...


Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas

A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna' para esixir da Xunta de Galiza e do Goberno español un Plan de Choque que permita frear o deterioro das condicións de ...


Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal.

A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) na tramitación do seu primeiro plan de igualdade: catro horas de formación en ...


Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais

Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal empregado público e para reivindicarlle ao Goberno galego e ao estatal medidas para reverter este ...


Debemos ter en conta que gran parte de empregadas e empregados públicos teñen uns salarios inferiores a 1000 euros/mes, nun cenario de continua perda de poder adquisitivo, xa que os incrementos salariais de anos anteriores foron inferiores ao IPC.

Tanto a calidade como a condición de público no emprego está a ser limitada pola constante diminución do mesmo, como consecuencias das limitacións das taxas de reposición de efectivos (desta volta dun 15%).

Aínda por riba o goberno do PP na Xunta copia os incrementos dos Orzamentos do Estado (tendo facultades para melloralos) e suspende acordos sectoriais comprometidos e asinados cós sindicatos, nos que se contemplan melloras retributivas para os vindeiros anos (cousa que non fixo o goberno do estado).

Dende a CIG reivindicamos:

  • Incremento salarial igual á media da suba dos convenios colectivos do ano anterior.
  • Plan de recuperación do poder adquisitivo nos vindeiros anos e cláusula de revisión salarial.
  • Reposición, como mínimo, do 100% das baixas producidas no ano anterior.
  • Mantemento dos acordos retributivos comprometidos para os vindeiros anos, nos ámbitos respectivos.

Por todo esto as Federacións da Área Pública da CIG (Educación, Sanidade e Administración), convocamos unha concentración de Delegadas e Delegados para o vindeiro

mércores, día 16 de Decembro, ás 11:30 horas,

diante do Parlamento de Galiza, baixo o lema

Polo cumprimento dos acordos. Non a perda do poder adquisitivo.