Novas por contido

home pedindoA CIG-Autonómica, a través do seu secretario nacional Manuel Gallardo Canitrot, ven de emitir unha nota de prensa en contestación ás novas declaracións do Goberno galego con relación á conxelación salarial. Nesta ocasión foi a conselleira de Traballo e Benestar quen o pasado 23 de agosto aseguraba que “non ve fóra de lugar” a idea do Goberno central de subir menos do 1% o salario de todos os empregados públicos. Xa anteriormente a conselleira de Facenda pronunciárase nos medios, anunciando a “máis que probable” conxelación salarial dos empregados públicos nos orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2010.

Nesta nota de prensa vense facer fincapé en que a metade dos empregados públicos da Xunta de Galicia teñen salarios que non acadan os 1.000€/mes. Resulta inmoral que persoas  que gañan máis de 60.000€/ano falen de conxelación salarial para as rentas do traballo máis baixas, mentres que acordan unha suba salarial de 3.000€/ano para as novas figuras das “xefaturas territoriais” e seguen máis empeñadas en manter o plus dos altos cargos que o galego na administración autonómica. Resulta igualmente inmoral que se fale de austeridade cando se están a desviar cartos para aumentar o persoal da administración paralela e a despifarrar a través de contratos con multinacionais estranxeiras (Microsoft, 4 millóns €), en lugar de apostar polo software libre.

Por outra banda, esta atitude de conxelación  en época de crise contrasta coa merma salarial en época de bonaza. E asi durante os anos de crecemento económico, mentres nos convenios colectivos da empresa privada se pactaban cláusulas de revisión salarial que chegaban ao 4% (igualando ao IPC), nas Administración Públicas se mantiña  una suba constante do 2%, sempre por debaixo do IPC.  Esta atitude fixo que a perda de poder adquisitivo dos empregados públicos que comezou nos anos 90 alcance actualmente o 25% e, con medidas como a conxelación salarial, non teña visos de diminuír.

Dende a CIG-Autonómica invitamos ao goberno galego a que reconsidere a situación e a que tome medidas realmente efectivas contra a crise (moderación da administración paralela, redución dos nomeamentos políticos, control de gastos  correntes...) e non só medidas “populares” aforrando nos salarios das persoas traballadoras máis sensibles.

Descarga a nota de prensa sobre a conxelación salarial. 24/08/2010.

Descarga o escrito dirixido á conselleira de Facenda sobre a conxelación salarial. 06/08/2010.

cartaz conxelación salarial

Descarga o cartaz contra a proposta de conxelación salarial para o 2010.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...