Inicio
CIG-Autonomica
  • 20120214.Lugo.1.jpg
  • 20121114.vigo.3.jpg
  • 20120209.Vigo.3.jpg
  • 20120511.gaias.13.jpg
  • 20120511.gaias.15.jpg
Xoves, 12 Decembro 2019

CCOO, UGT e a Xunta pactan as xubilacións parciais na privada e néganllas ao persoal da Xunta

Ata 7.500 € ás empresas por cada contrato de remuda, pero para o persoal da Xunta onde non habería que subvencionar nada néganse.

Por que CCOO, UGT e a Consellaría de Facenda negan ao persoal laboral o dereito á xubilación parcial anticipada e contrato de remuda, tal como está recollido no art. 215 da Lei Xeral da Seguridade Social e no art. 12.7 do Estatuto dos Traballdores. E por suposto tamén se negan a estudar unha solución similar para o persoal funcionario.

Por que CCOO e UGT, ...


Mércores, 27 Novembro 2019

Convocado o concurso de traslados de corpos xerais (con trampa)

No DOG do 27/11/2019 publican a Resolución pola que convocan o concurso ordinario de traslados do persoal funcionario de corpos xerais.

O prazo de presentación de solicitude é dende o seguinte á publicación e ata o día 19 de decembro incluído. Tanto a solicitude como a xustificación de méritos e impreso de emenda deberá realizarse electrónicamente. Na solicitude inicial non se escollen as prazas.

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, publicarán no DOG o listado de ...


Xoves, 21 Novembro 2019

Xubilación parcial anticipada. CCOO e UXT non queren negociar un acordo

A Lei Xeral da Seguridade Social, no seu art. 215.2 e na disposición transitoria 10ª establece os requisitos para o acceso do persoal laboral á xubilación parcial anticipada. Un destes requisitos é a necesaria celebración dun contrato de remuda cunha persoa desempregada para a substitución pola porcentaxe de traballo suxeita á xubilación.

A Xunta de Galiza, por boca do director xeral da Función Pública, veu manifestando a súa disposición para efectivizar o contrato de remuda para facilitar ...


Xoves, 21 Novembro 2019

Artigo 19 do Convenio: CCOO e UGT en contra de mobilizarse para recuperalo

O goberno do PP presenta, un ano mais, e xa van 8, a suspensión do art. 19.1 do convenio colectivo nunha das disposicións adicionais da lei de acompañamento dos orzamentos da Xunta de Galiza para o ano 2020. Esta nova prórroga da suspensión significa que continuaremos sen o descanso mínimo semanal de dous días ininterrompidos aos que haberá que engadir o descanso de 12 horas entre xornadas de traballo. Esta prórroga da suspensión súmase á da 2º parte do art. 19, descanso adicional do 75 por ...


Martes, 19 Novembro 2019

A RPT de Cultura consolida a externalización de servizos e destrúe emprego

O martes 19 de outubro aprobouse na Comision de Persoal a RPT da Consellería de Cultura e Turismo que para nós é raquítica, insuficiente, profundiza na destrucción de emprego e consolida a externalización de servizos.

Para a CIG é especialmente grave que a Xunta non acepte as propostas da central sindical en materia de dotacion de persoal arqueólogo propio que leve os expedientes de patrimonio para rematar, deste xeito, coa encomenda a TRAGSATEC, porque é unha externalización de traballo ...


Martes, 19 Novembro 2019

A CIG segue a medrar en número de persoas afiliadas

Din que afiliarse a un sindicato non está ben visto polos que mandan. Non é cuestión moderna. O moderno é que as relacións laborais sexan de tipo individual e non colectivo. Neste escenario, o poder establecido gaña. A clase traballadora, organizada e defendida é un perigo para os intereses da patronal, tamén no sector público. Só consenten o sindicalismo entregado ao sistema, que pacta renunciando ou vendendo os dereitos conquistados. Os gobernos e a patronal necesitan dun sindicalismo ...


Mércores, 13 Novembro 2019

Política Social desatende a problemática laboral que afecta a calidade asistencial dos centros que xestiona

A CIG obrigou a conselleira a dar explicacións no Parlamento galego

A conselleira de Política Social fixo o martes 12 caso omiso das advertencias a respecto da problemática laboral que repercute negativamente na calidade asistencial dos centros da súa competencia, entre eles os de maiores e os de menores. A comparecencia de Fabiola García produciuse a petición dos grupos parlamentarios da oposición, aos que a CIG-Autonómica lles trasladou a situación real dos cadros de persoal e da ...


Xoves, 07 Novembro 2019

A CIG reclama a xestión pública das cociñas nas Galiñas Azuis

Dende a CIG Autonómica queremos denunciar a mala calidade da alimentación e intoxicacións continuadas que se están a dar nas escolas infantís do Consorcio galego de servizos de igualdade e benestar da Xunta de Galiza. Coa nova intoxicación que se produce na Galiña azul de Carral volve a evidenciarse o risco que sofren os nosos pequenos polos “servizos de catering” en vez de cociñas própias.

Estas casos de intoxicacións estan a ser moi numerosos e xa denunciamos e que aconteceron a semana ...


Domingo, 03 Novembro 2019

A CIG gaña as eleccións sindicais na Xunta de Galiza

O venres 31 de outubro veñen de rematar os procesos electorais aos comités de empresa da distintas consellerías da Xunta que comezaron en decembro de 2018 na Consellaría de Facenda e no comité de empresa de Servizos Centrais, e remataron o venres coas eleccións aos comités de empresa de Economía, Emprego e Industria.

Os resultados en número de delegados/as tanto en persoal funcionario como en persoal laboral son:


Venres, 25 Outubro 2019

A CIG gaña as eleccións sindicais en Política Social

O 24 de outubro tiveron lugar as eleccións sindicais aos comités de empresa de persoal laboral da consellería de Política Social, no que desta vez se elixían catro comités que suman 94 delegadas e delegados.

Cun ámbito de máis de 6.000 persoas traballadoras e unha grande participación, o número de votos para a a CIG foi o maior, o que avala o noso traballo de defensa dos dereitos das persoas empregadas públicas e o rexeitamento dos acordos lesivos asinados por outros sindicatos.

A CIG ...


No DOG do martes 9 de outubro publícase a Resolución pola que se convoca o concurso de traslados de persoal funcionario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989).

Este concurso ven con catro anos de retraso: en decembro de 2013 os sindicatos e Administración pactamos un plan de reordenación dos laboratorios de saúde pública, pacto que implicaba un concurso de traslados no prazo de seis meses. Pero tiveron que pasar catro anos máis, e media ducia de borradores ata que por fin, aparece no DOG.

Para a CIG, é inaceptable que das dúas escalas sanitarias existentes, quedase excluida unha delas (escala de atención primaria e especializada). En canto ao baremo, é moi mellorable, pechandose en banda a Administración nalgúns aspectos.

Queremos engadir que estamos a falar duns postos que levan moitos anos sen proceso selectivo polo que a CIG solicitou, xa dende un principio da negociación, que se convocase oferta de emprego simultaneamente ao concurso de traslados, petición que non foi recollida polos nosos interlocutores.

Despois de meses e meses de inxustificados adiamentos, o concurso pasou pola Comisión de Persoal a finais de xuño e foi aprobado co voto en contra de todos os sindicatos. Nese momento dixeran que sería publicado na primeira quincena de setembro. Tivemos que agardar ao 9 de outubro.

Dos demáis concursos, seguimos igual: NADA.