Inicio
Venres, 10 Xullo 2026

A conselleira de Política Social defende os intereses do empresariado do sector das escolas infantís e esquece a traballadoras e crianzas

Conselleira Fabiola: presente a dimisión xa!

Gabinete de crise

A conselleira de Política Social declara que se o goberno central aproba unhas novas ratios, coas cifras que se publicaron, acábase a gratuidade das escolas infantís.

Cal gratuidade? A que, cos nosos impostos, lle pagamos ás empresas que prestan este servizo? Ás empresas que teñen as traballadoras co SMI ou por debaixo?

Ten o morro esta conselleira de mentirnos á cara dicindo que se reúne con “todo o sector” agochando que con ...


Venres, 10 Xullo 2026

Actos de elección de destino (CP 10/07/26)

Nesta xuntanza do 10 de xullo da Comisión de Persoal tratamos a situación caótica dos actos de elección de destino. O propósito da CIG é trasladarmos información completa e transparente e que se negocie, algo que botamos en falla. A modificación da resolución da elección de destino das escalas sociosanitarias (DOG do 13 de xullo) incluirá a eliminación de persoas falecidas e xubiladas e a adición de máis postos para códigos de dobre titulación e para persoal pedagogo. É posible que o ...


Sábado, 04 Xullo 2026

Carreira profesional e concursos F0425, F0326 e F0525 (CP 03/07/2026)

Na rolda de intervencións da Comisión de Persoal do venres 3 de xullo preguntamos polas solicitudes da carreira pendentes de resolución, así como pola concreción de datas das distintas fases dos concursos F0425, F0326 e F0525.

 Resolucións pendentes da carreira profesional 

  • Preguntamos pola situación na que está a tramitación das solicitudes, dado que nos consta que a día de hoxe continúan sen estar resoltas algunhas, cando o prazo de 6 meses para resolvelas xa rematou o 30 de xuño.
  • A ...

Venres, 03 Xullo 2026

Xuntanza con Emprego Público polos autos de extensión de efectos de sentenzas de destino definitivo

O venres 3 de xullo de 2026 tivemos unha xuntanza informativa coa directora xeral de Emprego Público na que deu unha serie de información a respecto dos autos de extensión de efectos de sentenzas de destino definitivo

O 29 de abril a Xunta de Galiza recibiu o fallo do Tribunal Supremo polo que desestimaba o recurso de casación interposto pola Xunta de Galiza contra tres sentenzas de autos de extensión de efectos.

A Xunta tiña presentados recursos de casación contra todos os autos de ...


Xoves, 02 Xullo 2026

A CIG exixe a Gain que identifique e publique os postos antes da elección de destino da estabilización

A solicitude da identificación dos postos presentada pola CIG o 3 xullo de 2025 non recibiu resposta da Dirección da Gain até a data, incumprindo a lexislación vixente.

A CIG vén de reiterar a súa reclamación ante a Axencia Galega de Innovación (Gain) para que publique e identifique os postos de traballo que serán ofertados no acto de elección de destino do proceso extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021.

O sindicato lembra que as persoas aspirantes levan un ano e medio ...


Venres, 26 Xuño 2026

A CIG esixe explicacións pola falta de postos na elección de destino de corpos xerais

Dende a CIG solicitámoslle a Emprego Público que nos aclare posto a posto a tremenda desfeita que está a facer nos procesos de elección de destino dos corpos xerais.

Temos moitísimas queixas de persoas traballadoras que están nestes procesos e que non saben o motivo de que se “comeran” tantos postos.

Non sabemos se en Emprego Público pensan que só son “dúas ou tres persoas afectadas”; por iso, achegamos uns modelos de queixa para remitirllos á directora xeral de Emprego Público e á Valedora ...


Venres, 26 Xuño 2026

O totum revolutum de Emprego Público: a nova receita do caos nas eleccións de destino

Hai días nos que un pensa que a capacidade de Emprego Público para sorprendernos chegou ao límite, pero despois supéranse. Vaia cristo formaron! Se o obxectivo era xerar o caos absoluto e cabrear a todo o persoal, temos que darlles un aplauso. Conseguírono.

Non sabemos moi ben quen está aos mandos da cociña en San Caetano, pero decidiron que a mellor forma de xestionar os recursos humanos era facer unha boa queimada administrativa: todo para dentro, que arda, e que Deus reparta sorte.

Cunha ...


Venres, 19 Xuño 2026

Plantón sindical a Educación na negociación da RPT ata que non negocie un acordo para o persoal non docente

O pasado venres 12 de xuño a Consellaría de Educación convocou ás organizacións sindicais (OOSS) para negociar unha modificación da RPT sen aportar documentación algunha o que precipitou ter que adiarse esa xuntanza para o día de hoxe, venres 19 de xullo a petición da parte social e logo de remitir un borrador para a mesa.

Hoxe, venres 19, a CIG e as outras OOSS presente na mesa quixemos dar unha mostra clara e contundente de que ata que non se abran as mesas con día, hora, orde do día e ...


Venres, 19 Xuño 2026

A XUNTA "NOSTRA": uso de prácticas mafiosas no concurso de traslados

Ameazas de desterro de oficio a quen non ceda o seu posto

Estrañas manobras en Emprego Público para que algunhas persoas renuncien aos postos obtidos no concurso. A lei do silencio chega á Función Pública galega. A DXEP pretende tapar os seus erros xudiciais roubándolle os postos aos persoal mediante a táctica do susto ou trato telefónico. O "trato" é que colles un posto peor; o "susto", que te mandan de oficio onde non molestes. Unha estratexia de extorsión pura e dura que substitúe as ...


Xoves, 18 Xuño 2026

Contra o decretazo nas listas de substitución da Xunta: folga de 1 hora

Dado que a Administración segue adiante coa aplicación do Decreto 40/2026, que modifica o 37/2006 de listas de substitucións chamamos a todo o persoal que forma parte das listas de contratación e ao que está en activo a una folga o vindeiro día 23 de xuño de 11h a 12h.

Este problema afectanos a todas e todos. Ó persoal que forma parte das listas que ve recortados os seus dereitos, non se lle permite mellorar laboralmente, hai prazos mínimos para incorporarse, máis dificultades para a ...


Mércores, 17 Xuño 2026

Xefaturas de sección (corpos xerais), sentenzas de destino definitivo, persoal veterinario e escolas infantís (MSPF 17/06/2026)

Nesta Mesa Sectorial de Persoal Funcionario (MSPF), dende a CIG puxemos enriba da mesa as seguintes cuestións:A1-xefaturas de sección que non saíron no concurso de traslados; chamadas de Emprego Público indicando a persoas con tomas de posesión feitas que teñen que elixir outro destino (sentenzas de destino definitivo); aclaración sobre o persoal veterinario que superou concurso e concurso-oposición; escolas infantís: manteñen tomas de posesión o 1 de setembro e comezo de curso o 4 dese ...


As altas cifras de cobertura “excepcional” demostran a necesidade dun concurso de traslados pero se non se convocan concursos é porque politicamente non interesa. E non interesa porque as comisións de servizos son discrecionais, a dedo, mentres que nos concursos os postos asígnanse por méritos obxectivos.

A situación dos concursos de traslados na Xunta de Galiza, en xeral, é moi grave e resulta dobremente prexudicial: non só a Xunta está furtando sine die os nosos dereitos de promoción profesional, mobilidade e conciliación familiar; estamos falar tamén dunha xestión de recursos humanos públicos ineficiente que se controla baixo intereses que nada teñen que ver coa cobertura dos postos públicos consonte á lei.

Ante as escusas da Administración das continuas modificacións das estruturas e normativa para imposibilitar a súa convocatoria regular, compre mirar para a Administración Xeral do Estado, que a pesar dos cambios de ministerios e relacións de postos de traballos, e da complexidade maior polos efectivos afectados, convoca concursos de traslados de xeito regular, case anualmente.

Nós propoñemos un concurso permanente e aberto para todas as traballadoras e traballadores públicos da Xunta por dous motivos: 1) garante a cobertura máis inmediata e baixo demanda de postos públicos por criterios obxectivos e 2) non se producen desequilibrios organizativos na Administración autonómica ao andar saltando de posto a posto ao mesmo tempo centos de persoas. E en concreto, para o persoal laboral seguimos demandando, canto menos, un concurso previo a calquera proceso de funcionarización.

Que haxa concursos de traslados non só é bo para a gran maioría de traballadoras e traballadores públicos que verían respectados os seus dereitos de carreira, conciliación e mobilidade, senón tamén para a cidadanía que recibiría un servizo máis profesional e independente. Non entendemos que a Xunta poña por diante os seus intereses de seguir controlando discrecionalmente a cobertura dos postos de concurso por diante, xa non dos nosos dereitos, senón do bo funcionamento da Administración e das garantías de servizo público.

Dende a CIG, instamos ao Presidente da Xunta á posta en marcha do concurso permanente e á convocatoria inmediata dos concursos secuestrados e así llo diremos a través das mobilizacións que resulten necesarias e a través das accións xudiciais dispoñíbeis. Así pois, facemos tamén un chamamento ao conxunto das traballadoras e traballadores públicos a apoiar as mobilizacións que se convoquen neste sentido.