- Detalles
No DOG do 05/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2026 pola que se modifica a Resolución do 24 de setembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escalas técnicas de mantemento de servizos, de recursos naturais e forestais, especialidades de capataz, mecánico naval, patrón de embarcación e guía intérprete de patrimonio natural, de cociña, de condución e de análises de laboratorio; no corpo de auxiliares de carácter técnico, escalas de gardas de recursos naturais, de auxiliar de cociña, de auxiliar de mantemento, de auxiliar de laboratorio, de auxiliar de condución e de auxiliar de recursos naturais e forestais, especialidades de oficial e de mariñeiro vixilante, e en agrupación profesional, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de limpeza e cociña, de recursos naturais e forestais e de mantemento.
Acórdase modificar a data de inicio do prazo de elección de postos, que comezará o martes, 6 de outubro, e rematará o venres, 9 de outubro, ambos incluídos.
No anexo II substitúese a relación de postos ofertados para a agrupación profesional, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de limpeza e cociña (subgrupo AP).
Editamos: se é do teu interese, aquí tes a relaciń de postos de limpeza ordeados por concello e nome do centro. Descargar
- Detalles
Lanzan unha campaña de mobilización para reclamar, ademais, a xestión directa dos servizos a través dun Sistema Público Galego de Servizos de Atención ás Persoas
Traballadores e traballadoras do sector de coidados -público e privado- veñen de unificar as súas loitas para denunciar a precariedade que padecen e as consecuencias que isto ten para as persoas usuarias dos distintos servizos. Por iso, esta mañá concentráronse diante da Xunta de Galiza, para presentar o calendario de mobilizacións que desenvolverán nos vindeiros meses e para reclamar a creación dun Servizo Público Galego de Atención ás Persoas que garanta condicións dignas para persoal e persoas usuarias.
CIG, CUT e SNEP levan anos denunciando a situación, tanto laboral como profesional, das escolas infantís 0-3, dos centros de protección a menores e reforma xuvenís, das Residencias de Maiores, dos Centros de Día, dos Centros de Noite, das Vivendas Tuteladas e dos Fogares Residenciais, dos Centros de Atención á Diversidade, dos Servizos de Axuda no Fogar, equipos de valoración da discapacidade e dependencia, atención temperá á discapacidade, equipas de protección da infancia. Servizos que o goberno do PP na Xunta ven desmantelando e precarizando con políticas privatizadoras para facer deles un novo negocio a costa das persoas máis vulnerábeis.
Como lembraron na comparecencia, a crise da COVID-19 puxo máis de manifesto que nunca a necesidade de poñer a formación, a protección dos máis vulnerábeis e os coidados na prioridade das políticas públicas, e por tanto, a urxencia de máis investimento público en servizos de atención ás persoas.
Porén, consideran que é evidente “a ineficacia da prestación de servizos de atención social e de coidados por parte das entidades públicas e privadas”, co desleixo e irresponsabilidade do goberno do PP que seis anos despois segue sen adoptar medidas que garantan unha atención adecuada e de calidade. “Son manifestas as carencias de persoal e material, falla de protocolos homoxéneos de funcionamento, abusos patronais e importantes niveis de explotación laboral e precariedade”. Unha situación que, advertiron, “teñen unha compoñente de xénero ao seren sectores moi feminizados”.
Xestión directa
Tal e como alertaron, os servizos públicos son a única garantía para unha atención digna. Por iso denunciaron que “non é de recibo que os coidados, a protección e a saúde destas persoas vulnerábeis sigan gardando relación cos beneficios e flutuacións en bolsa dos fondos de investimento, multinacionais ou fondos voitre que están detrás das concesionarias destes servizos públicos”, denunciaron.
Ante esta situación CIG, CUT e SNEP, defenden a xestión directa polas Administracións Públicas de todos os servizos públicos. Exixen que os recursos e servizos sociais de atención ás persoas deixen de ser unha actividade socialmente pouco valorada e en condicións precarias, para pasar a ser considerados servizos esenciais a prestar pola Administración Pública en condicións de calidade asistencial para as persoas e con condicións de traballo dignas e estables para o persoal.
Por iso, reclaman a creación dun Sistema Público Galego de Servizos de Atención ás Persoas, integrado por unha única rede pública que atinxa os centros educativos para o ciclo 0-3, que deben encadrarse na Consellaría de Educación; centros de menores tanto de protección como de reforma xuvenís; centros asistenciais e residenciais de maiores; centros de día, centros de noite, vivendas tuteladas e fogares residenciais; centros de atención á discapacidade: asistenciais, de emprego e educativos; SAF e outros recursos como Casas Niño, Casas do/a Maior, Xantar na Casa, Transporte Adaptado, EVO, equipas de menores ou atención temperá á discapacidade, entre outros.
Para todos estes servizos exixen dotación suficiente tanto de infraestruturas e material como de recursos humanos. Unha rede pública na que se integren tamén todos os SAF, para os que exixiron a negociación cos axentes sociais dun convenio colectivo único que recolla unhas condicións laborais e salariais dignas.
Xunto a isto, demandan, na prestación de servizos ás persoas beneficiarias, que se priorice a atención a través desta rede de recursos públicos, antes que as axudas económicas xunto coa eliminación de todo tipo de repagamentos na atención e coidados, mediante a aprobación dunha carteira de servizos e prezos públicos.
Consideran imprescindíbel o incremento dos equipos de valoración da discapacidade e dependencia así como dos equipos de protección do menor, para axilizar os trámites, así como o incremento e adecuación dos orzamentos públicos destinados a este fin, ademais dos dirixidos á promoción da autonomía persoal e o envellecemento activo e á protección á infancia vulnarábel ao despregamento efectivo e áxil da lei da dependencia.
Do mesmo xeito, exixirán a transferencia para Galiza de todas as competencias e recursos públicos para desenvolver, aplicar e ampliar a Lei de Dependencia e a elaboración de protocolos que garantan a seguridade e a saúde das persoas traballadoras ante calquera situación de violencia no traballo.
Reclamacións e calendario de mobilizacións
As organizacións sindicais teñen acordado priorizar a mellora das condicións laborais, sociais e salariais mediante a negociación colectiva, abrindo mesas de diálogo tanto no ámbito privado, a través do Consello Galego de Relacións Laborais, como no público, coa Dirección Xeral de Función Pública. Responsabilizan á Xunta de Galiza da situación actual e advirten de que a súa negativa a negociar non freará a defensa de melloras como a baixada das ratios, a redución da carga de traballo, máis persoal especializado e salarios dignos e xustos.
Para o día 15 de outubro, ás 11:30 horas, teñen previstas concentracións diante dos edificios administrativos da Xunta de Galiza; o 14 de novembro, ás 11:00 horas, convocan unha manifestación nacional con saída da Alameda e en decembro, unha concentración no Parlamento o día da presentación e debate dos orzamentos. Ademais se non obteñen resposta da administración, non descartan mesmo a convocatoria de folga.
- Detalles
Nestes días vanse dar máis postos en comisión de servizos que no concurso de traslados de corpos xerais.
Remata un concurso de traslados de corpos xerais e volven dispararse as comisións de servizo. Nada novo baixo o sol da Administración da Xunta: dende o 16 de setembro de 2026 (día seguinte ao da resolución do concurso) xa se concederon 292 postos en comisión de servizo. Isto non é case nada se temos en conta que xa hai publicados 395 postos máis, é dicir, 687 postos en tan só 15 días. Isto é a punta do iceberg, xa que se espera que de aquí ata novembro se movan máis de 2.000 postos. Máis prazas que no concurso de corpos xerais.
O problema non son as comisións en si, que son unha ferramenta “excepcional e necesaria para cubrir determinadas urxencias”, o problema é cando a Xunta as converte no sistema habitual de provisión de postos.
E para que haxa tantas comisións, primeiro hai que fabricar as condicións perfectas:
- Escalas que pasan unha eternidade sen poder concursar e enlentecemento progresivo dos concursos nos corpos xerais (superándose xa amplamente o intervalo de dous anos entre concursos)
- Concursos que tardan anos en resolverse
- Postos vacantes que “inexplicabelmente” quedan fóra das convocatorias
- Comisións de servizo encadeadas, cruzadas ou simplemente alongadas fora da norma como denunciamos aquí e a xustiza sentenzou e obrigou a Xunta a xustificar as prórrogas
Mentres tanto, quen precisa promocionar, conciliar ou achegarse ao seu domicilio acaba dependendo dunha comisión de servizo, pedindo favores para acadar o que tiña que ser un dereito. Porque si, porque segue sen haber un baremo obxectivo, e volvemos preguntarnos por que non fan o lóxico, o CONCURSO PERMANENTE.
En definitiva, as comisións de servizo son un negocio redondo para a Xunta: non convoca concursos coa periodicidade necesaria, non oferta todas as vacantes e despois presenta as comisións como a solución ao problema que ela mesma creou, xerando unha rede clientelar que silencia a revolta que deberiamos estar a facer os funcionarios e funcionarias, polos nosos dereitos e o noso salario.
- Detalles
No DOG do 01/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal de servizos xerais (PSX) (subgrupo C2), e do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de xerocultor ou xerocultora (subgrupo C2).
● Fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario do corpo auxiliar : escala de persoal de servizos xerais (PSX) e escala de xerocultor ou xerocultora
● Nestas listas provisionais tamén figuran as persoas que solicitaron a inclusión nas listas para a contratación temporal das categorías profesionais 43 (xerocultor/a) e 44 (persoal de servizos xerais) do grupo IV de persoal laboral, ao abeiro da Resolución do 7 de marzo de 2019 (DOG núm. 54, do 18 de marzo).
● As listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galiza, http://funcionpublica.xunta.gal, no apartado Listas de contratación, e no Servizo de Aten ción e Información á Cidadanía a través do teléfono 012
● Nas devanditas listas figura a seguinte información:
– Persoas solicitantes admitidas na lista, con indicación da puntuación provisional resul tante da aplicación do baremo establecido no artigo 9 do Decreto 37/2006.
– Persoas solicitantes excluídas, con indicación da causa de exclusión
● 10 días hábiles para presentar reclamacións ante a Comisión Permanente
- Detalles
A CIG vén de instar á Dirección Xeral de Emprego Público a constituír e convocar a Comisión Paritaria de Formación para o Sector da Autonómica e a garantir a negociación efectiva da formación antes de que o plan anual 2027 sexa aprobado polo Consello Reitor da EGAP; así como antes da aprobación dos restantes plans específicos de formación do sector.
A formación non pode decidirse unilateralmente. O artigo 37.1.f do Estatuto básico do persoal empregado público e o artigo 153.1.f da Lei do emprego público de Galiza obrigan a negociar os criterios xerais dos plans e fondos de formación, incluídas as necesidades, prioridades, recursos, colectivos destinatarios, condicións de acceso, seguimento e avaliación.
Porén, a EGAP presenta os seus programas anuais ao Consello Reitor sen unha negociación colectiva previa que permita ao persoal participar na definición das súas propias necesidades formativas. Na CIG insistimos en que a aprobación formal por este órgano non substitúe a Mesa Xeral nin converte en negociado un plan previamente elaborado pola Dirección da Escola.
A Xunta creou en 2014 a Comisión Paritaria de Formación Local, integrada pola Administración, a Fegamp e as organizacións sindicais máis representativas. Este órgano continúa aprobando e supervisando os plans financiados para o persoal das entidades locais. En cambio, Emprego Público non identifica nin acredita unha comisión equivalente e operativa para o persoal da Administración autonómica.
Dende a CIG reclamamos que se constitúa e se convoque a Comisión Paritaria de Formación para a Autonómica, destinada ao persoal da Administración xeral e das entidades públicas instrumentais. Se Emprego Público afirma que xa existe, deberá acreditalo documentalmente, convocala e dar conta da súa actividade.
A CIG esixe, tamén, información completa sobre os fondos, os custos, as solicitudes, as persoas solicitantes, as prazas, as admisións, as exclusións, as listaxes de agarda e a demanda non atendida, con datos desagregados por actividade, territorio, colectivo e sexo. Sen esta información non é posíbel avaliar se a oferta responde ás necesidades reais nin coñecer o desfasamento entre a demanda e as prazas dispoñíbeis.
Os plans incluídos no Acordo de formación para o emprego das administracións públicas deben seguir o procedemento específico de negociación e aprobación previsto nel. Para abranguer tamén a formación financiada con fondos propios, na CIG propoñemos crear un órgano técnico paritario na Mesa Xeral ou establecer un procedemento periódico de negociación e seguimento.
A formación é un dereito do persoal e unha ferramenta para mellorar os servizos públicos. Non pode seguir planificándose por inercia, de costas ás necesidades reais e contando sempre co mesmo círculo de persoas colaboradoras.

- Detalles
A Xunta publicou en DOG o mércores 30 a convocatoria para a elección de destino de diversas escalas de C1-C2-AP (mantemento, RRNN, cociña, condución, análise de laboratorio e limpeza).
Inmediatamente detectamos numerosos erros na relación de postos ofertados, incluíndo códigos repetidos, polo que falamos con persoas responsábeis da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP). Unha vez que aceptan que hai erros, informan que o luns publicarán en DOG unha corrección de erros.
Aínda que o sindicato CCOO xa difundiu información de que habería ampliación de prazo, dende a DXEP negan que eles confirmaran tal afirmación. Non desbotan a posibilidade, pero rexeitan que xa confirmaran a ampliación.
A CIG esixe que ABSOLUTAMENTE TODAS AS PRAZAS VACANTES sobrantes do concurso se ofrezan neste acto de elección de destino.
A CIG esixe á DXEP que oferte a totalidade das prazas vacantes no proceso de elección de destino definitivo publicado pola Resolución do 24 de setembro. Non aceptamos que a Dirección Xeral decida arbitrariamente que prazas se ofertan e cales se gardan, obrigando ás persoas que superaron un proceso selectivo a cambiar de domicilio ou asumir longos desprazamentos mentres existen vacantes próximas.
Tampouco aceptamos que se oferten prazas con xornada reducida mentres se gardan prazas vacantes a xornada completa. As persoas que gañaron unha praza teñen dereito a unha oferta de destinos ampla e transparente, non a unha oferta condicionada polas decisións da Administración.
E por se isto fose pouco, a relación publicada está chea de erros e códigos duplicados, xerando unha situación de auténtico caos e dificultando a elección de destino. A CIG esixe unha corrección inmediata da relación de prazas e a ampliación do prazo de elección, para que ninguén pague os erros da Administración.
Todo isto podería terse evitado. A CIG leva reclamando reiteradamente acceso aos buzóns de prazas antes da súa publicación, precisamente para poder detectar e corrixir erros. A Administración negouse.
Agora os erros están publicados e quen paga as consecuencias é o persoal.
A CIG esixe que se corrixa de inmediato a oferta, se incorporen todas as vacantes que correspondan, se eliminen os erros e duplicidades e se amplíe o prazo de elección.
Basta de opacidade e de decisións arbitrarias. As prazas vacantes son da Administración pública e deben estar á disposición do persoal que gañou o seu posto.
Edición 01/10/26: a DXEP confirma que o luns 5 de outubro publicarán unha corrección de erros, e que a elección de destino comezaría o martes 6. A CIG xa enviou unha solicitude para que incrementen algún día mais polo complicado dalgunha escala.
- Detalles
Xuntanza coa xerencia do Consorcio (29/09/26)
O martes 22 de setembro tivemos que pecharnos no Consorcio porque a situación para moitas das traballadoras que deixaron de prestar servizos no Consorcio, é insostible.
Manifestamos que non nos moveríamos do acceso ao edificio se o xerente non nos daba un día e hora para reunirnos por culpa das ilegalidades que están facendo coas traballadoras que despois de un mes, continúan a loitar para ser cesadas (e así acceder ás listas de contratación) ou ter os seus certificados de empresa para poder tramitar ás súas prestacións por desemprego.
Hoxe foi o día da reunión co xerente, xerente adxunta de escolas infantís e o xefe de persoal. Hai que vivilo para contalo.
Ceses e certificados de empresa
A primeira cuestión foi sobre os ceses e os certificados de empresa. Como está esta situación? Cando pensan arranxar este problema que se iniciou o 17 de agosto e continúan sen arranxar?
Di o xerente que revisaron todo e que xa todos os casos deberían estar ao día, que a xestoría externa que teñen contratada (!!!) emitiu todos os certificados de empresa. Pero ollo! Que se alguén o tivera mal, que lle mande un correo! Así que aquí compartimos a conta de correo electrónico do xerente, para que reciba el todas aquelas comunicacións necesarias: xerente@igualdadebenestar.org
Tamén aproveitamos para que estes altos cargos tomen conciencia do que significa non cobrar a prestación por desemprego e procedemos a ler cartas que nos pasaron varias afectadas. Coa CIG tamén estaba unha afectada na xuntanza que leu unha carta no seu nome e apoiando a todas as compañeiras cesadas.
Trienios
Recibida hoxe a nómina para as novas funcionarias de carreira, non están os trienios. Explica o xerente que Emprego Público xa ten toda a información para poder facer os pagos. Así que comeza o xogo de “balóns fóra” para moitas da preguntas que faremos. Datas para o pago dos trienios? Non hai respostas.
Portal do empregado (asuntos propios e vacacións)
Aseguran que a día de hoxe xa está todo correcto para todas as traballadoras, que non se perden os asuntos propios non desfrutados, que estaban facendo reaxustes e xa está todo ben.
Insistimos se están seguros que é así e confirman que si, que está todo ben. Na CIG supoñemos que se hai erros… mail ao correo do xerente.
Redución de xornada: para cando as resolucións?
Máis voltas e voltas. Que non teñen as carteleiras das escolas e entón non poden resolver, que o primeiro é prestar o servizo (o segundo debe de ser que as traballadoras dispoñan dunha redución de xornada para a garda e custodia dos seus fillos/as menores).
Protestamos que este colectivo está formado nos seus cadros de persoal por mulleres, que xa basta de continuar tirando balón fóra e resolvan!
Teñen intención de facelo nos vindeiros días, pero que hai moito volume de traballo porque se deron cambios de centros de traballo.
Complemento por funcións de dirección nas escolas infantís e redución de xornada
Como pode ser que as direccións que teñen redución de xornada, teñan reducido o plus de dirección? Entón… matriculan menos alumnado? atenden a menos familias? xestionan menos a escola? Como se entende isto! É redución do tempo de atención directa ás crianzas, non de funcións como dirección!
Explican que isto é un problema informático… que temos razón… que si que estaba pasando así…mil voltas.
Preguntamos: ides corrixilo?
Din que si (veremos!).
Sentenzas carreira profesional
Xa pasan do ano para facer estes pagos recoñecidos por sentenza. Están avisados para que así o fagan e todo continúa igual.
Precisamos datas de pago e ollo á resposta: silencio total.
Movemento das persoas que ocupan postos itinerantes nas escolas infantís
Informan que están valorando que postos teñen que moverse segundo a demanda de matrícula no período extraordinario de admisión de alumnado, que están facendo o estudo cos coordinadores/as.
Solicitamos que sexan cautelosos con estes movementos, que informen coa maior antelación posible e que non sexan traslados do persoal que lles repercuta na súa vida familiar.
Coberturas
A estas alturas non están ofertadas todas as coberturas xeradas dende o día 1 en moitos casos. Os centros están desbordados porque é un comezo de curso totalmente diferente e con falta de persoal.
Outra partida de balóns fóra. Que a culpa é de Emprego Público, que son quen xestionan as listas de contratación.
Tomas de posesión das escalas sociosanitarias
Preguntamos: o persoal técnico dos I+B e dos CD, poden seguir coa flexibilización e teletraballo se toman posesión no mesmo posto que ocupaban? Non contestan.
Enviaron mail dende o departamento de persoal avisando do erro de requirir CELGA, titulación e informe médico para as tomas de posesión? (esta documentación xa foi presentada para poder elixir destino). Di o xerente que si, que se avisou aos centros de traballo estes días.
Poden explicarnos as chamadas que están recibindo as equipas técnicas dos centros residenciais na que se lles di que a partir desta fin de semana terán que traballar en fin de semana? Como aplican un cambio das carteleiras negociadas ata o 31 de decembro? Di o xerente que falará co xerente adxunto sobre este tema. Indicamos que URXE aclarar isto e que non poden romper unilateralmente o asinado cos comités de empresa.
Pouco máis e veñen dicirnos que son as xerencias as vítimas de todo o que sucede, que fan ata onde poden… vaia escándalo!
Se tan mal están, o noso consello dende a CIG é que presenten a súa dimisión!
- Detalles
No DOG do 30/09/2026 publican a RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escalas técnicas de mantemento de servizos, de recursos naturais e forestais, especialidades de capataz, mecánico naval, patrón de embarcación e guía intérprete de patrimonio natural, de cociña, de condución e de análises de laboratorio; no corpo de auxiliares de carácter técnico, escalas de gardas de recursos naturais, de auxiliar de cociña, de auxiliar de mantemento, de auxiliar de laboratorio, de auxiliar de condución e de auxiliar de recursos naturais e forestais, especialidades de oficial e de mariñeiro vixilante, e en agrupación profesional, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de limpeza e cociña, de recursos naturais e forestais e de mantemento.
C1: escalas técnicas de:
► mantemento de servizos
► recuros naturais e forestais, especialidade capataz
► mecánico naval
► patrón de embarcación
► guía-intérprete de patrimonio cultural
► de cociña
► de conducción
► análise de laboratorio
C2: escalas auxiliares de:
► gardas de recursos naturais
► cociña
► mantemento
► laboratorio
► conducción
► recursos naturais e forestais, especialidade oficial
► mariñeiro-vixilante
AP:
► escala persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade limpeza e cociña
► escala persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, escala de recursos naturais e forestais
► escala de mantemento
Procedemento:
1.- Para os procesos selectivos non afectados pola Lei 20/2021, do 28 de decembro, e no suposto de que unha persoa aspirante figure incluída no anexo I en diferentes corpos, deberá optar por un deles no acto de elección de destino e solicitar nos restantes a exce dencia por prestación de servizos no sector público no mesmo prazo previsto na disposi ción terceira, sempre que se cumpran os requisitos exixidos no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galiza.
Para os procesos selectivos derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, será de aplicación o disposto no artigo 11.2 da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxen tes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galiza. Non se pode pedir excedencia
2.- O acto de elección desenvolverase de acordo cos seguintes criterios: 1. Dentro do mesmo subgrupo e especialidade, a orde para a elección de destino virá determinada pola data de publicación das convocatorias dos procesos selectivos, de xeito que as convocatorias máis antigas terán preferencia sobre as máis recentes.
3.- Para o acceso á aplicación informática de elección de destino, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal remitiralles ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.
4.- No prazo máximo de dous días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correcta mente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Direc ción Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios. ( Días 1 e 2 de outubro)
Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de tres días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución se leccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación. (Días 5,6 e 7 de outubro)
5.- A elección de destinos deberase realizar a través do sistema electrónico ao que se poderá acceder a través da seguinte páxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/ eleccion-destino
6.- Unha vez que acceda ao seu expediente electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Renuncia», «Solicitude de excedencia» ou «Escoller posto».
De elexir “ renuncia” ou “ solicitude de excedencia” deberá presentar esta por escrito no Rexistro da Xunta de Galiza no mesmo prazo previsto na disposición terceira De elixir a opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de pre ferencia, os destinos que se ofertan
7.- Todas as comunicacións que formulen as persoas aspirantes dirixiranse á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral de Emprego Público e Admi nistración de Persoal, Servizo de Selección (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela). Para o caso deberán empregar o modelo co código PR004A
8.- Na páxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino es tará á disposición das persoas aspirantes información complementaria para a utilización da aplicación informática e a presentación das solicitudes de elección de destino
- Detalles
A nosa central denuncia que a Dirección converte o Consello Reitor da Escola nun órgano decorativo
A CIG non asistiu ao Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) do 23 de setembro como medida de protesta polos reiterados atrancos impostos pola Dirección da Escola á participación da única organización sindical que fiscaliza criticamente a súa xestión. A Escola tenta silenciar as críticas mediante continuas interrupcións e increpacións, restricións das intervencións, documentación remitida a última hora, actas que omiten ou cambian a información e unha prohibición selectiva á presenza de persoas asesoras da CIG nas sesións.
Esta actitude converte a participación no Consello Reitor nun trámite sen capacidade real de deliberación, control ou fiscalización, motivo polo que a CIG vén de presentar unha queixa ante o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, presidente do devandito Consello.
Única convocatoria do Consello Reitor en 2026
A sesión do 23 de setembro foi a primeira convocada en 2026, malia que o artigo 8.3 da Lei 4/1987, de creación da EGAP, obriga a reunir o Consello Reitor, como mínimo, unha vez ao trimestre. A Dirección acumula, así, numerosos asuntos nunha única sesión e remite centos de páxinas de documentación fóra da xornada laboral, deixando apenas un día para analizalas. Nestas condicións, a CIG sinala que resulta imposíbel contrastar os datos, detectar irregularidades, preparar propostas e exercer responsabelmente as funcións dunha vogalía.
O resultado é un Consello Reitor decorativo, que se convoca para cubrir o trámite, presentar decisións xa preparadas e avalar a xestión da Dirección, non para deliberar nin exercer un control efectivo.
Atrancos dirixidos contra o «sindicato crítico»
Até agora, a asistencia de persoas asesoras propostas polas organizacións sindicais foi habitual nas sesións do Consello Reitor da EGAP. Agora, a Dirección da Escola tenta impedilo. Na CIG consideramos que se trata dunha decisión selectiva e discriminatoria, adoptada despois de que esixísemos responsabilidades e reclamásemos a dimisión da directora.
A CIG advirte, amais, de que a EGAP non pode continuar empregando as actas para fabricar consensos, borrar discrepancias e adaptar a memoria do órgano aos intereses da Dirección. Por este motivo, reclamámoslle ao conselleiro de Facenda que as sesións se graven integramente e que se implante o sistema de audioacta, ao abeiro do art. 18.1 da Lei 40/2015.
Plans de formación unilaterais e informes autocompracentes
A EGAP está a decidir unilateralmente e de costas á representación das persoas traballadoras a formación de ao redor de 22.000 persoas empregadas públicas do sector da Administración autonómica, motivo polo que na CIG levamos anos reclamando a negociación da formación, transparencia, a publicación do rexistro de persoal formador e empresas e o cumprimento dos deberes legais en materia de normalización e capacitación profesional en galego, sen que a EGAP mude nin un milímetro a súa dinámica autoritaria.
A CIG tampouco aproba nin as contas da EGAP nin os seus informes de resultados, que non dispoñen de información suficiente e verificábel, só de cifras agregadas sen documentar e que non permiten ser contrastadas; as cales desvían a atención do feito de que milleiros de persoas empregadas públicas quedan sen a formación que precisan. A EGAP limítase a exhibir datos de enquisas de satisfacción da minoría que obtivo praza, pero négase a avaliar as necesidades das persoas excluídas e a realizar unha avaliación global dos plans.
Exemplos da xestión
A demanda desatendida cada ano da formación en linguaxe administrativa e linguaxe xurídica galegas é alarmante: 1.200 prazas ofertadas fronte a 5.650 solicitudes en 2026. Trátase dunha formación singular por responder ao mandato legal da capacitación lingüística que garante o dereito de atención en galego da cidadanía, pero este mandato é incumprido pola Dirección da EGAP de xeito reiterado, malia telo establecido na Lei 4/1987 da súa creación.
Mentres isto sucede, a EGAP e a Secretaría Xeral da Lingua concertan con entidades privadas, como o Colexio de Enxeñeiras de Camiños, Canles e Portos, cursos restrinxidos de linguaxe administrativa, con matrículas que acadan os 400 euros; e tiran de «colaboracións externas» opacas para que persoal propio ou alleo que traballa a xornada completa imparta estes cursos, mentres o persoal lingüista da Xunta, coordinado por unha contratación privada da EGAP, fica a media xornada e con só sete meses de actividade ao ano.
A EGAP é unha institución pública, non un espazo reservado á compracencia. A crítica sindical non se cala, non se interrompe nin se borra das actas. A CIG esixe que a EGAP remate coas súas redes clientelares e cumpra as funcións para as que foi creada.
Por unha EGAP pública, de calidade e en galego xa!
- Detalles
Prazos de inscrición
Persoal nomeado antes do 25 de setembro: dende o 25 de setembro ao 31 de outubro.
Persoal nomeado o 26 de setembro ou despois: dende o día 1 ao 20 do mes seguinte á súa toma de posesión.
Persoal interino e substituto: dende o día 1 ao 20 do mes seguinte a aquel no que se cumpran os 65 días traballados de forma ininterrompida, contados dende o 01/09/2026, ou dende o día seguinte ao nomeamento se fora posterior a esa data.
Páxina de inscrición
Ligazón
Resolución
Ligazón
Instrucións
Ligazón
Dúbidas frecuentes
Ligazón