Mércores, 02 Xullo 2025
O Goberno ven de aprobar a suba salarial adicional do 0,5% confirmando a perda do poder adquisitivo do persoal empregado público . Esta miseria é froito do pacto salarial de CCOO e UGT, e agora pretenden de novo vender como un éxito o que foi un “pacto de perdas”
Os tres protagonistas da última tomadura de cabelo ás empregadas e empregados públicos saíron nestas últimas horas a felicitarse por algo insólito: imos cobrar os atrasos que nos deben! O goberno central, CCOO e UGT aplauden ...
Mércores, 02 Xullo 2025O xerente non xestiona e a xerenta adxunta para escolas infantís non resolve pero ameazaO 6 de marzo de 2025, o persoal do Consorcio pasou a ser persoal da Consellaría de Política Social da Xunta de Galiza. Nas nosas nóminas xa non aparece o NIF do Consorcio. Pero é o único cambio que se percibe porque a xestión por parte do Consorcio segue a ser nefasta e seguimos a sufrila.
O contactar co Consorcio nunca foi doado pero, dende hai uns meses, é misión imposíbel. O departamento de persoal, ...
Mércores, 02 Xullo 2025
A CIG-Autonómica desenvolveu o luns 30 de xuño unha manifestación en Santiago na que participaron unhas 300 persoas traballadoras dos centros de ensino da Xunta para reclamar a profesionalización do sector e na defensa dos dereitos do persoal non docente dos centros de ensino públicos.
Ao remate da marcha, que arrincou dende as instalacións da Consellaría de Educación en San Caetano ás 11:30 horas, deuse lectura a un manifesto no que se recollían as principais demandas do sector, que ...
Venres, 27 Xuño 2025
Co silandeiro cesamento do director do IGE, Rueda liquida o que até o de agora fora o Instituto Galego de Estatística, vendido ás empresas privadas e transformado nun medio de censura máis, xunto coa RTVG
Esta é a crónica dunha suplantación fría e rapidamente calculada. Dende o intre en que Rueda encargou un informe á medida á empresa Sondaxe —grupo de La Voz de Galicia— para desdicir, previo pagamento, a «Enquisa estrutural a fogares. Coñecemento e uso do galego» do Instituto Galego de ...
Mércores, 25 Xuño 2025
Grazas a un intensivo traballo sindical da CIG o persoal do PN das Illas Atlánticas regula e mellora notablemente as súas condicións de traballo. O Acordo foi asinado o mércores 25 de xuño coa conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático e o conselleiro de Facenda e Administración Pública.
Dende a transferencia á Xunta en 2008, o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galiza (PNIAG), no que atinxe ás condicións laborais dos seu persoal, permaneceu nunha densa néboa a través da cal a ...
Mércores, 25 Xuño 2025O persoal non docente nos centros de ensino ve incrementada de novo a súa carga de traballo sen contraprestacións. No marco do acordo de colaboración entre a Consellaría de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Consellaría de Emprego, Comercio e Emigración, ofértanse as accións formativas do Plan Formativo para o emprego (cursos AFD).Na Orde do 1 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para as accións formativas do Plan formativo para o emprego ...
Mércores, 25 Xuño 2025
Xornada técnica de incendios organizada pola CIG-Autonómica de Lugo, in memoriam de Quique Casanova, prezado compañeiro falecido nun incendio forestal.
A xornada terá lugar o xoves 26 de xuño de 2025 no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo. Dará comezo ás 9.30 h, e a súa clausura está prevista para as 14.30 h. O aforo é libre, previa inscrición no enderezo secorganizacionlugo@galizacig.gal.
O programa contará con relatorios que tratarán de preto a extinción de incendios ...
Luns, 23 Xuño 2025
A CIG-Autonómica denuncia que un ano máis comezada a campaña de alto risco de incendios forestais seguimos sen ter unha xestión de persoal planificada e ordenada e destaca deficiencias no estado nas bases e no sistema de traballo dentro dos incendios forestais.
No 2024, o Presidente da Xunta repetía a xustificación ante os incendios forestais do comezo do verán afirmando que “hai unha grande intencionalidade detrás dos lumes”. En 20 anos pasamos de atender máis de 10.000 incendios de ...
Venres, 20 Xuño 2025Dende a Confederación Intersindical Galega (CIG) erguemos a voz unha vez máis para denunciar a situación crítica do Centro de Maiores de Taboadela, do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e a "actitude irresponsable e despilfarradora" da Xunta de Galiza.
A Administración Autonómica mantén a persoal na casa cobrando sen traballar, mentres que nas instalacións urxe a presenza de máis efectivos para atender as necesidades dos residentes, especialmente na quenda de noite. É ...
Venres, 20 Xuño 2025Denunciamos o maltrato institucional a persoas anciás e crianzas e o incumprimento da normativa en Prevención de Riscos Laborais para o persoal traballador
Moitas das escolas infantís da rede Galiña Azul e os Centros de Atención a Persoas Maiores (CAPM) xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar carecen de sistemas de climatización.
Estes días de vaga de calor as temperaturas alcanzadas na maioría destes centros están preto dunha media os 30° á sombra no ...
Xoves, 19 Xuño 2025Estimase a demanda interposta ante a Tesoureiría da Seguridade Social e a Xunta de Galiza condenando a certificar as bonificacións que correspondan na aplicación dos coeficientes redutores de xubilación previstos no Real Decreto 383/2008 do 14 de marzo que establece os coeficientes redutores da idade de xubilación dos/as bombeiros/as ao servizo da administración e organismos públicos Xa dende fai anos a loita da CIG en prol de acadar a categoría bombeiro forestal, foi un claro obxectivo, ...