Venres, 06 Marzo 2026A CIG trasladou as demandas do persoal axente ambiental nas reunións mantidas o 5 de marzo coa Consellaría do Medio Rural e na Comisión de Persoal do 6 de marzo.
Procesos selectivos e concurso de traslados
A directora xeral de Emprego Público informa de que a elección de destinos publicarase, «como moi tarde, a principios de maio», coa previsión da toma de posesión «antes do verán». Non se entende que o alonguen tanto, dado que cos prazos reducidos poden facelo moito antes, e así daría ...
Venres, 06 Marzo 2026Tres anos sen convocar a Comisión Técnica de Teletraballo: a Xunta segue permitindo recortes arbitrarios nas xornadas de teletraballo
Na Comisión de Persoal deste venres 6 de marzo de 2026 volvemos denunciar o incumprimento reiterado do Acordo de Teletraballo e a aparición de novas restricións arbitrarias que non teñen amparo na norma. A directora xeral de Emprego Público resposta, unha vez máis, que están preparando a Comisión Técnica, igual que leva facendo dende hai 2 anos.
En primeiro ...
Venres, 06 Marzo 2026A experiencia no mesmo posto durante anos, e o achegamento ao domicilio de fillos/as e persoas en situación de dependencia, deixan de ser un dos baremos para decidir os traslados do persoal funcionario.
Nos últimos concursos de traslados, recentemente levados pola Xunta ás mesas de negociación e convocados (escalas de estatística, expertos/as lingüistas, educación infantil, coidador/a, persoal de servizos xerais, xerocultor/a ..), suprimen a puntuación polo tempo de permanencia no mesmo ...
Xoves, 05 Marzo 2026A CIG convoca unha manifestación nacional en Compostela este 8 de Marzo baixo o lema «Feministas e combativas. En loita pola nosa dignidade!»
Aínda que a presenza das mulleres no mundo laboral é cada vez maior, en Galiza arredor do 50% das mulleres traballadoras situaríanse en risco de pobreza se os seus ingresos dependeran exclusivamente do seu salario individual. Se ademais de ser muller se ten a condición de migrante, o risco de ...
Luns, 02 Marzo 2026
No proceso tamén se renovaron a Executiva e a Dirección Nacional
A IX Asemblea do sector da Autonómica, celebrada este sábado 28 de febreiro en Compostela, elixiu a Xosé Lois Díaz Fernández como novo secretario nacional, que releva no cargo a Zeltia Burgos Tortosa. No proceso, ao que concorreu unha única candidatura de consenso a todos os órganos a renovar, tamén se escolleu a nova Executiva e a nova Dirección Nacional, así como as persoas que representarán o sector na Dirección Nacional ...
Venres, 27 Febreiro 2026
A central convoca unha manifestación nacional en Compostela, con saída ás 11:30h da estación intermodal.
Este 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres Traballadoras, a CIG ten convocada unha manifestación nacional que sairá ás 11:30 horas da estación intermodal de Compostela baixo o lema «Feministas e combativas. En loita pola nosa igualdade!». Cento dezaseis anos despois de celebrarse a Conferencia Internacional de Mulleres Socialistas, orixe da conmemoración, a central nacionalista fai ...
Mércores, 25 Febreiro 2026
Foi a principios dos oitenta cando a Xunta, aínda dependente de moitas e moitos funcionarios transferidos do estado para poder desenvolver unha administración moi nova, tamén comezou a facer múltiples procesos selectivos de persoal subalterno. Había moita demanda nas delegacións provinciais, máis tamén nunha maraña de centros de ensino repartidos ao longo do País dun xeito anárquico que dependeu, en moitos casos da presión feita polos alcaldes de turno que nese caciqueo por obter rédito en ...
Mércores, 25 Febreiro 2026A Consellaría do Medio Rural volve reunir a CCOO, UGT e CSIF nun novo encontro á marxe dunha mesa formal de negociación, deixando fóra á CIG, sindicato maioritario. Non é un feito illado: é unha dinámica repetida que busca dividir ao persoal, crear titulares e gañar tempo sen afrontar unha negociación real.
As organizacións que se prestan a este xogo actúan como cobertura dunha estratexia clara da Administración: evitar mesas formais con todas as partes, con luz e taquígrafos, onde as ...
Mércores, 18 Febreiro 2026A directora xeral de Emprego Público contestou á pregunta da CIG sobre o prazo para resolver o concurso que afecta a milleiros de persoas empregadas públicas da nosa Administración na Mesa Sectorial de Persoal Funcionario deste 18/02/2026.
Despois de que CCOO informase de que a resolución do concurso se faría a finais de febreiro ou primeiros de marzo, na CIG non contabamos con esa información e quixemos saber que nos podía dicir Emprego Público ao respecto.
A directora xeral sinalou que ...
Venres, 13 Febreiro 2026A nosa central sindical celebrou asembleas de persoas delegadas nas comarcas para analizar a situación socioeconómica e abordar as problemáticas laborais.
A CIG fixo este 11 de febreiro un chamamento a acumular forzas mediante a loita nas empresas e administracións e na rúa contra a precariedade e a desigualdade camiño do 8 e 10 de Marzo, datas nas que a central sindical aposta por unha importante mobilización da clase traballadora galega en demanda de ...
Venres, 13 Febreiro 2026
A Consellaría de Educación segue incumprindo as súas propias normas coas rateos do persoal non docente dos centros de ensino públicos do país.
Desde a CIG levamos tempo denunciando unha situación que xa non é puntual. Trátase dun modus operandi consolidado da Consellería de Educación.
Cando a rateo baixa e o número de alumnado queda por debaixo do limiar establecido, a Administración actúa de inmediato e amortiza as prazas dese centro ou directamente non cobren as baixas por incapacidade ...