Novas por contido

No DOG do 13/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de veterinarios.

Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución. As persoas aspirantes elixirán as prazas ao subgrupo e escala a que acceden e de conformidade co indicado no anexo II desta resolución.

Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal remitirá ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.

No prazo máximo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no teléfono 981 54 54 78, para que se lle faciliten os datos necesarios.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.

No DOG do 13/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2026 pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos correspondentes á fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, convocado pola Resolución do 22 de outubro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 208, do 28 de outubro).

As persoas aspirantes que teñan que presentar documentación acreditativa dos méritos baremables na fase de concurso do proceso selectivo a que se refire esta resolución achegarana ao seu expediente persoal electrónico, ao que accederán a través da canle do emprego público de Galiza (Fides) no enderezo https://fides.xunta.gal, seguindo o procedemento establecido na Resolución do 5 de decembro de 2023 pola que se ditan instrucións para regular o contido, uso e acceso ao expediente persoal electrónico do persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e das súas entidades públicas instrumentais.

O prazo para presentar a solicitude de actualización de méritos e a documentación acreditativa deles, para formular alegacións ou para emendar o estado de «acreditación documental incompleta», rematará aos dez (10) días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.

No DOG do 13/11/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, mediante o sistema de concurso, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidades de arquivos e bibliotecas, pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos.

- RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, mediante o sistema de concurso, no corpo auxiliar de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos e bibliotecas, pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

As persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

No DOG do 13/11/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala de persoal de servizos xerais, convocado pola Resolución do 19 de novembro de 2025, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Declaran finalizada a fase de oposición do proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2026 pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos correspondentes á fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala de persoal de servizos xerais, convocado pola Resolución do 19 de novembro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 228, do 25 de novembro).

As persoas aspirantes que teñan que presentar documentación acreditativa dos méritos baremables na fase de concurso do proceso selectivo a que se refire esta resolución achegarana ao seu expediente persoal electrónico, ao cal accederán a través da canle do emprego público de Galiza (Fides) no enderezo https://fides.xunta.gal, seguindo o procedemento establecido na Resolución do 5 de decembro de 2023 pola que se ditan instrucións para regular o contido, uso e acceso ao expediente persoal electrónico do persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e das súas entidades públicas instrumentais.

O prazo para presentar a solicitude de actualización de méritos e a documentación acreditativa deles, para formular alegacións ou para emendar o estado «acreditación documental incompleta» rematará aos dez (10) días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.

No DOG do 13/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de veterinaria, convocado pola Resolución do 1 de xullo de 2025.

Adxudicar e facer públicas as adxudicacións dos postos de traballo ás persoas que se relacionan no anexo. Esta información está ao dispor das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galiza, http://funcionpublica.xunta.gal, na epígrafe <concurso de traslados>.

Difiren os prazos posesorios derivados da resolución do concurso ata que se publique no Diario Oficial de Galiza a resolución pola que se indique a data de inicio dos ditos prazos.

No DOG do 12/11/2026 publican a ORDE do 5 de novembro de 2026 pola que se regula o exercicio dos dereitos electorais do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma de Galiza nas eleccións xerais ao Congreso dos Deputados e ao Senado, convocadas para o día 29 de novembro de 2026 polo Real decreto 806/2026, do 5 de outubro, de disolución do Congreso dos Deputados e do Senado e de convocatoria de eleccións.

No DOG do 11/11/2026 o CENTRO TECNOLÓXICO DO MAR - FUNDACIÓN CETMAR publica o ANUNCIO polo que se fan públicas a convocatoria e as bases específicas para a selección dunha praza de persoal.

A data tope de entrega de solicitudes será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

No DOG do 11/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2026 pola que se modifican as resolucións do 23 de outubro de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 208, do 30 de outubro) pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario das persoas que superaron algún dos procesos selectivos nas escalas técnicas de mantemento de servizos, de recursos naturais e forestais, especialidades de capataz, mecánico naval, patrón de embarcación e guía intérprete de patrimonio natural, de cociña, de condución e de análise de laboratorio; de gardas de recursos naturais, de auxiliar de cociña, de auxiliar de mantemento, de auxiliar de laboratorio, de auxiliar de condución e de auxiliar de recursos naturais e forestais, especialidades de oficial e de mariñeiro vixilante; e en agrupación profesional, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de limpeza e cociña, de recursos naturais e forestais e de mantemento, e que foron convocados á elección de destino a través da Resolución do 24 de setembro de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 186, do 30 de setembro).

Para os procesos selectivos afectados pola Lei 20/2021, do 28 de decembro, suprímese a obriga de cesar o día 18 de novembro de 2026.

Tras advertir a omisión do prazo posesorio para as persoas aspirantes que adquiriron a condición de persoal funcionario de carreira mediante o seu cambio de vínculo xurídico nos procesos de funcionarización e de promoción específica, nomeadas como persoal funcionario de carreira na agrupación profesional, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de limpeza e cociña, establécese que de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, o prazo da toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, e será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.

Para estas persoas, o cesamento deberá efectuarse o día 18 de novembro de 2026.

No DOG do 09/11/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2026 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, especialidade xurídica.

- RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2026 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, especialidade técnica.

- RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2026 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de axentes de extensión pesqueira.

No DOG do 09/11/2026 publican a ORDE do 6 de novembro de 2026 pola que se establecen os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para o día 11 de novembro de 2026.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...