Inicio
CIG-Autonomica
  • 20120209.san_caetano.delegados.5.jpg
  • 20120511.gaias.15.jpg
  • 20120511.gaias.3.jpg
  • 20120511.gaias.13.jpg
  • 20120214.Lugo.1.jpg
Xoves, 16 Xullo 2020

1 metro de separación: a medida estrela de Educación para o vindeiro curso

Con máis carga de traballo e o mesmo persoal, esta consellería segue comportándose con chulería coas máis de 3.700 persoas de Administración xeral que traballan nos centros de ensino negándose a negociar un protocolo que afecta as súas condicións de traballo

A principios desta semana tivemos constancia de que a Consellería de Educación elaborou un protocolo de adaptación ao contexto COVID19 nos centros de ensino non universitario de Galiza para o curso 2020/2021 que leva a Mesa Sectorial ...


Venres, 10 Xullo 2020

Feijoo 2020: por unha Administración galega máis cativa e privatizada

Os anos de goberno de Feijoo tiveron un carácter autoritario, privatizador (ben directamente, ben a través de asistencias técnicas), corrompeu a negociación das condicións de traballo do seu persoal convertíndoas nun simple trámite, xudicializou as relacións laborais, mantivo unha insostible temporalidade, non convocou procesos selectivos suficientes, non deu sacado concursos de traslados cunha temporalidade aceptable..

Aínda así preséntase á reelección cun programa electoral que vende o ...


Venres, 10 Xullo 2020

A Xunta crea unha administración paralela para a xestión das intervencións no patrimonio cultural de Galiza

E contratan persoal a través de Infojobs, en vez de a través das listas de contratación da Xunta

Segundo o propio DOG, o obxecto da encomenda é a execución do servizo técnico cualificado para a análise e informe das intervencións que se pretendan realizar en bens de interese cultural ou catalogados, así como, de ser o caso, no seu contorno de protección ou na súa zona de amortecemento.

Este traballo tería que ser realizado por arquitectos e arqueólogos funcionarios, pero externalízase a ...


Venres, 10 Xullo 2020

Persoal empregado público desprazado de centro durante e despois o estado de alarma

A Xunta, durante o estado de alarma, estivo trasladando parte do seu persoal a centros da Consellería de Política Social e incluso a residencias privadas.

Este persoal trasladado á forza é maioritariamente do Consorcio e da Consellería de Educación e incluso a Xunta tirou de persoal de listas, para beneficio das residencias privadas.

Na CIG estivemos reclamando información, seguridade e a garantía do respecto das súas condicións laborais e loitamos a prol da voluntariedade e en contra dos ...


Xoves, 09 Xullo 2020

Sentenza do TSXG contra a RPT da CEEI publicada o 17/07/2018

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) deu a razón á CIG e anulou a RPT da CEEI publicada no DOG do 17/07/2018. A CCOO non lle gustou a cousa, e sacou un panfleto poñendonos verdes, chamándonos mentireiros, e misturando cousas. Xulga ti se tes interese: aquí tes a información da CIG, e aquí a resposta de CCOO. E para completalo, esta é a sentenza.

En CCOO misturan dúas Comisións de Persoal diferentes nas que (nas dúas) se modificaron a RPT da CEEI. E chámannos mentireiros porque ...


Xoves, 09 Xullo 2020

Entregadas no Rexistro Xeral da Xunta 2500 sinaturas de persoal dos centros de política social

As traballadoras e traballadores de Política Social demandan coa súa sinatura que a Consellería actúe na recuperación dos dereitos do V convenio Colectivo Único que se manteñen suspendidos e recortados, e que supoñen unha carga de traballo insostible ao persoal.

Esta sobrecarga veuse aumentada coa crise sanitaria ao producirse e manterse unha situación de excepcionalidade na xestion do persoal e o aforro de de arredor de 800 postos de traballo en residencias de maiores, residencias de ...


Mércores, 08 Xullo 2020

Presentado preaviso de folga do persoal técnico do servizo de prevención de incendios forestais

Os sindicatos presentamos comunicación de "preaviso" de folga do persoal técnico de incendios forestais ante a consellería e a autoridade laboral. A folga vai ser a partir do día 1 de agosto.

Este mércores, 8 de xullo, e ante o nulo avance das negociacións dun novo acordo que regule as condicións de traballo do persoal técnico de incendios forestais da consellería do Medio Rural, as organizacións sindicais CIG, CCOO, CSIF e UGT, vimos de preavisar a convocatoria dunha folga legal coas ...


Martes, 07 Xullo 2020

A Xunta, responsable da morte dun compañeiro

O TSXG ratificou a condena do xulgado do social de Lugo que condenou á Xunta a indemnizar a súa viúva, xa que o goberno galego recorrera a sentenza. Agora o TSXG considera acreditada a falta de dilixencia por non previr o risco adecuadamente.

O pasado sábado 27 de xuño fixo 5 anos da morte do noso compañeiro Enrique Casanova, que perdeu a vida defendendo ao patrimonio natural do país da lacra dos incendios forestais.

Esa lacra que o goberno do señor Feijóo parece que non quere combater e ...


Luns, 06 Xullo 2020

O conselleiro de Medio Rural engana ao rural galego e incrementa a súa fenda dixital

A CIG-Autonómica denuncia que a Consellería de Medio Rural da un paso máis cara a desconexión da vida no rural galego ao obrigar as persoas solicitantes de cortas de uso doméstico a relacionarse cunha aplicación dixital.

As oficinas de atención desta consellería como os distritos e comarcas forestais e oficinas agrarias comarcais cada vez máis perto do peche, este paso segue ao desmantelamento de formación e labores de asesoramento polas oficinas comarcais aos propietarios de parcelas ...


Xoves, 02 Xullo 2020

O persoal técnico de incendios non para

Ante a paralización sen acordo das xuntanzas coa consellería do Medio Rural por falta de propostas concretas por parte da administración, as organizacións sindicais convocan a terceira teleasemblea de persoal técnico de incendios forestais para o vindeiro luns 6 de xullo ás 21h.

Nesta nova convocatoria darase conta das distintas xuntanzas mantidas coa consellería e aprobaranse as medidas que se porán en marcha nas vindeiras semanas para seguir solicitando de forma lexítima un novo acordo ...


Mércores, 01 Xullo 2020

A CIG gaña a primeira sentenza que recoñece o dereito á carreira profesional ao funcionariado interino

Os servizos xurídicos da CIG gañaron a primeira sentenza que recoñece a unha persoa que é funcionaria interina o dereito a acceder ao grao I da carreira administrativa por medio do réxime extraordinario publicado no DOG do 29 de marzo de 2019 nas mesmas condicións que se recollían para o persoal funcionario de carreira.

Pero os efectos van máis aló do individual e TEÑEN CARÁCTER XERAL, xa que a sentenza declara nulo, por discriminatorio, o artigo 3 da orde pola que se publica o acordo da ...


Martes, 30 Xuño 2020

O TSXG anula unha RPT da CEEI por vulneración de dereitos, ausencia de avaliación orzamentaria e falta de motivación dos actos administrativos

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza acepta a demanda da CIG e anula a RPT da Consellería de Economía, Emprego e Industria publicada o 17/07/2018, por vulneración do dereito á negociación colectiva, vulneración do procedemento, ausencia de avaliación orzamentaria e falta de motivación dos actos administrativos.

En xuño do 2018 aprobouse en Comisión de Persoal unha modificación da RPT da Consellería de Economía, Emprego e Industria, conxuntamente cun “Plan de ordenación de recursos ...


É moi grave que na comarca con máis actividade agraria da provincia non está cuberta ningunha das tres prazas existentes. A súa cobertura é urxente polo atraso e acumulación de traballo que hai hoxe.

Polo que dende a CIG esiximos unha vez máis a cobertura de prazas e se realice xa o chamamento das listas de contratación no mantemento deste servizo publico esencial.

No día de onte recibimos diferentes chamadas da Consellería de Medio Rural na que se nos informaba q se ía a proceder a cobertura dunhas das prazas de persoal técnico agrícola, esperemos que se faga con rápida dilixencia.

Así mesmo seguiremos insistindo na cobertura das 3 prazas existentes e a creación dunha máis como reforzo a esta oficina agraria. Tamén lle recordamos a xefatura territorial a necesidade do cambio da oficina comarcal que se atopa nun piso sen espazo para usuarios e persoal, uns servizos mínimos de habitabilidade e hixiene, que non está adaptado para persoas con mobilidade reducida e que presenta grandes problemas de seguridade no caso dunha evacuación: moitas veces isto parece o “camarote dos Hermanos Marx”.