Xoves, 17 Decembro 2020Ten a cualidade de estar en dous estados á vez na mesma mesa de negociación sendo empresa e parte social, representando á Xunta e aos seus funcionarios.
No 1935 o físico Erwin Schrödinger formulou un dos paradoxos máis famosos da ciencia a través dun experimento coñecido como o “Gato de Schrödinger” onde para dar cumprimento aos postulados da mecánica cuántica o gato tiña que estar vivo e morto á vez.
Esta cualidade resulta que tamén a ten o SEPGA. Xa describimos aquí ou aquí como os ...
Mércores, 16 Decembro 2020Levamos varias semanas en que o DXFP é o primeiro en levantarse de todas as xuntanzas e mesas ás que el mesmo nos convoca aos sindicatos. E faino tan de súpeto, que quedamos parvos, sen marxe de reacción e coa palabra na boca, sen poder facerlle preguntas ou trasladarlle queixas.
El, quen ata o de agora presumía de respostar a todas as cuestións que as organizacións sindicais lle solicitabamos nas xuntanzas, pese a que á CIG en infinidade de ocasións non nos dou contestación ás preguntas ...
Luns, 14 Decembro 2020
A Xunta ten que protexer ao seu persoal fronte a Covid, identificando ao virus como risco biolóxico do grupo 3 nas Avaliacións de riscos laborais.
Entra en vigor a Orde TES/1180/2020, do 4 de decembro, por la que se adapta o Real Decreto 664/1997 coa incorporación do Sars-Cov-2, responsable da Covid 19, como risco biolóxico de grupo 3 na lexislación laboral.
Na CIG demandamos a necesidade de adaptar as Avaliacións de riscos laborais ao risco biolóxico da Covid 19, xa que o 3 de xuño a ...
Luns, 14 Decembro 2020Vai xa para un ano, cando a Xunta de Galiza nos facilitou o famoso "buzón" de postos vacantes para o concurso xeral, retirou varios deles coa desculpa de que se ian amortizar. Xa daquelas a CIG non o creu, pois entre os postos que retiraban estaban varias xefaturas de sección.
Durante a negociación, a CIG solicitou que se incluíran todos os postos que estaban vacantes. A Xunta, a través da súa Dirección Xeral de Función Pública, non aceptou a proposta da CIG, argumentando que os postos a ...
Venres, 11 Decembro 2020
O persoal dos centros de dependentes da Consellaría de Política Social desenvolveu hoxe unha nova xornada de mobilizacións, que aproveitou para denunciar o deterioro deste servizo público como consecuencia da nefasta xestión da Xunta de Galiza.
Trátase da protesta número 23 que convocan as centrais CIG, CCOO, CSIF e UGT para reclamar a recuperación dos dereitos laborais recortados coa escusa da crise xa que, segundo sinalan dende os sindicatos, ao único ao que se dedicou a Xunta do PP ...
Xoves, 10 Decembro 2020
A CIG acorda esta modalidade de prestación de servizos cunha normativa que busca a súa consolidación, universaliza o teletraballo e mellora a nova regulación marco incorporada ao EBEP.
Trátase do teletraballo ordinario que ven substituír a regulación do 2013 e que non é comparable ao teletraballo Covid derivado da emerxencia sanitaria. Porén a pandemia mostrounos que se pode teletraballar e que necesitabamos unha regulación máis universal e organizada por unidades para que todos e todas ...
Venres, 04 Decembro 2020A Xunta aprobou a Oferta de Emprego Público (OEP) do ano 2020 (cando estamos ás portas do 2021). Inclúe promoción interna, acceso libre, estabilización, consolidación e funcionarización do persoal laboral fixo. A Oferta contén prazas para corpos e escalas de administración xeral e especial, incluíndo sanitarias, persoal laboral, e entes como o Consorcio, Cixtec, CES, Augas e AXI.
Despois de moitos anos dunha importante redución do cadro de persoal da Administración Autonómica coa desculpa ...
Martes, 01 Decembro 2020No DOG do 1 de decembro publícase o Decreto que regula a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e pode comprobarse que o Servizo de Prevención de Riscos Laborais desaparece da estructura da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, que ata a data dependendía da Subdirección Xeral de Recursos Educativos Complementarios, que tamén desaparece.
Con esta modificación a prevención dos riscos do persoal desta Consellería pasa a ser unha simple función da ...
Luns, 30 Novembro 2020Á Comisión de Persoal do venres se nos trouxo un punto sobre a posibilidade de adhesión ao acordo de veterinarios do sindicato SEPGA.
Dende a Administración levan querendo introducir a este sindicato amarelo nos foros e mesas de negociación dende hai un tempo, a pesar de non ter representación suficiente para poder facelo.
No caso do acordo de veterinarios, este é un acordo derivado dunha negociación na Mesa Xeral de Empregados Públicos que afecta a persoal funcionario e laboral, onde o ...
Mércores, 25 Novembro 2020A autoridade laboral achega unha proposta de requerimento a raíz da denuncia que a CIG-Autonómica fixo en setembro pola ausencia de medidas preventivas nos centros educativos
Logo de varias citacións a Consellería de Educación foi incapaz de demostrar ante a Inspección de traballo e Seguridade Social que cumpriu os mínimos que marca a Lei de Prevencion de Riscos Laborais para a protección da saúde do persoal traballador fronte á Covid-19.
Da análise do informe da Inspección de Traballo ...
Luns, 23 Novembro 2020Mentres o curso escolar avanza, os dereitos do persoal laboral non docente dos centros de ensino retroceden. Pese á mensaxe oficial de que todo funciona razonablemente ben, a realidade é que o impacto da crise sanitaria da COVID-19 estase a sentir con crudeza nos centros de ensino.
Dende a CIG continuamos a esixir o establecemento de medidas que garantan a seguridade e a saúde laboral do persoal laboral non docente, co establecemento de medidas de prevención, avaliacións de riscos por ...
Luns, 23 Novembro 2020Pois resulta que despois de varios borradores de prazas e fixación de criterios, desaparecen 19 prazas para a elección de destino definitivo de Gardacostas, e mudan os criterios para o destino provisional de corpos xerais. Nada novo esto de que o director de Función Pública un día diga unha cousa e mude de parecer ao seguinte.
Corpos xerais
Foron varias as recentes reunións nas que o director xeral de Función Pública mantivo o criterio de que para a elección de destino provisional de ...