Martes, 24 Novembro 2026Na Mesa Xeral e na Mesa Sectorial (martes 24 de novembro) tratáronse as propostas de convocatoria de seis procesos selectivos de persoal laboral e funcionario, ademais de diversas cuestións sobre listas de contratación e procesos en marcha.
Nos distintos procesos abordados nas mesas, a CIG mantivo unha liña reivindicativa común para garantir procesos xustos, obxectivos e áxiles:
• Sistema de acceso e prazos: Nos procesos de persoal funcionario, esiximos que se realicen polo sistema de ...
Martes, 24 Novembro 2026
Por fin rematou a toma de posesión convocada no DOG do 11 de novembro de 2026, a toma de posesión en escalas de persoal funcionario que ía ocupar maioritariamente postos en centros de destino das Consellerías de Educación, Política Social, Medio Rural e Medio Ambiente.
Podíamos imaxinarnos que nada ía saír ben tendo como referencia a toma de posesión convocada en agosto, na que xa comprobáramos o mal facer da Xunta e tendo en conta que nesta de novembro o número de persoas era moito maior; ...
Martes, 24 Novembro 2026Este 25N saimos ás rúas para denunciar a violencia física, psíquica e institucional que se exerce sobre as mulleres nas/polas administracións públicas. A precariedade e tamén unha forma de violencia sobre sectores feminizados dentro do emprego público, que impide ás mulleres ter unha vida libre e independente. Por iso, agora máis que nunca, A Loita Continúa
Martes, 24 Novembro 2026
CIG convocou unha manifestación que percorreu as rúas de Compostela, para visibilizar as reivindicacións do persoal do servizo de incendios (SPIF), por unhas condicións laborais dignas e melloras salariais e organizativas que permitan adaptar o servizo á realidade actual, tanto de carestía da vida como da nova tipoloxía de lumes.
A manifestación nacional, convocada por CIG-Autonómica rematou en San Caetano, onde se leu un manifesto coas principais ...
Luns, 23 Novembro 2026Na súa deriva discriminatoria cara ao persoal, a Xunta leva tempo facendo propostas de subas de niveis a cachos e onde lle peta.
Vimos de rexistrar unha petición para que fagan dunha vez por todas un estudo serio da estrutura de postos da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, que está completamente obsoleta e cuns niveis mínimos inferiores a outras administracións públicas, tales coma o Estado ou Xustiza.
Temos claro que a funcionarización chapuza e sen garantías artellada ...
Domingo, 22 Novembro 2026O venres 13 e xoves 19 tivemos dúas reunións coa Consellería de Emprego para abordar a modificación da RPT. A consellería retoma, despois de máis dun ano e medio e de retirar case 200 postos do concurso de traslados de corpos xerais, a modificación da RPT, especialmente relevante para as oficinas de emprego. A modificación farase ao amparo dun plan de reasignación de efectivos que leva aparellada a RPT.
Os agravios: non corrixir mediante unhas pequenas modificacións produce un efecto ...
Xoves, 19 Novembro 2026As traballadoras do sector de coidados e atención denuncian a precariedade da súa situación laboral e dos servizos que se prestan desde a Consellería de Política Social e a Consellería de Educación.
Centos de manifestantes marcharon en Santiago de Compostela o sábado 14 de novembro, reclamando a creación dun Servizo Público Galego de Atención ás Persoas que garanta servizos de calidade e condicións de traballo dignas para o persoal que os presta.
Venres, 13 Novembro 2026A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse.
Sen convocatoria á CIG para as negociacións das integracións
Na Comisión de Persoal do 27 de outubro de 2026 a CIG preguntou sobre a integración de GAIN, INTECMAR e ...
Luns, 09 Novembro 2026
Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos
Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade.
1. Cal é a miña situación laboral no día de folga?
Durante a xornada de folga, o contrato de traballo está suspendido, ficando ...
Luns, 09 Novembro 2026
A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas
A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna' para esixir da Xunta de Galiza e do Goberno español un Plan de Choque que permita frear o deterioro das condicións de ...
Xoves, 05 Novembro 2026A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal.
A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) na tramitación do seu primeiro plan de igualdade: catro horas de formación en ...