Outras informacións e conflitos xerais

A Consellaría de Sanidade da Xunta organizou unha xornada na Coruña o día 14 de febreiro coa finalidade de promocionar a dous dos candidatos do PP a alcaldías de grandes cidades: Beatriz Mato, antiga conselleira de Política Social e candidata do Partido Popular á alcaldía da Coruña e Jesús Vázquez, antigo conselleiro de “Cultura”, actual alcalde de Ourense e candidato do PP á alcaldía desa cidade.

A organización de actos coa única finalidade de dar visibilidade aos candidatos a alcaldías feitos desde a Administración é unha vulneración de calquera tipo de ética, desde a cristiana á agnóstica. A coorganización polo Cluster da Saúde de Galicia, outro chiringuito creado polo PP e presidido por Rocío Mosquera, exconselleira de sanidade, completa coa Fundación Barrié os organizadores do evento.

Unha mostra máis de como desde o Partido Popular se utilizan as institucións co orzamento que sae do diñeiro de todas e de todos nós para intereses exclusivamente partidistas.